Por que aumentan os casos de violencia de xénero a pesar dos miles de euros da Xunta en publicidade?

A polémica campaña do Goberno galego contra a violencia contra a muller custou este ano máis do dobre cá do ano pasado. Unha cifra superior á que se destina para un convenio de atención ás mulleres vítimas de violencia e aos seus fillos. A pesar da publicidade nos medios, aumentaron os delitos contra a liberdade sexual e as denuncias por casos de violencia de xénero.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/11/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

"Somos unha comunidade pioneira na loita contra a violencia de xénero", sinalaba hai un ano a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se celebra cada 25 de novembro. Xusto un ano despois, o número de denuncias por violencia machista aumentou, como tamén aumentaron os delitos relacionados contra a liberdade sexual.

Protestas contra a violencia machista
Protestas contra a violencia machista

E como é posible que aumenten os casos, cando a Xunta asegura que destina máis diñeiro e medios para combatir esta lacra?. Curiosamente, este ano GC desvelaba que o Goberno galego duplicaba o diñeiro destinado a publicitar ese día –o do 25 de novembro--  entre determinados medios de comunicación. En total, 196.000 euros nunha campaña criticada por toda a oposición por "cousificar" á muller. Unha cifra que o pasado ano foi de 80.000 euros.

“Pero ese diñeiro é para publicidade... para seguir pagando favores e ter aos medios controlados”, denuncian desde entidades feministas que critican duramente ao Goberno galego por non poñer en marcha unha auténtica política de erradicación da violencia contra a muller.

MENOS DIÑEIRO PARA CONVENIOS

Curiosamente, o diñeiro que a Xunta lle dá aos medios para publicitar esta xornada é moito menor ao que destina a un convenio asinado dende hai anos co Colexio de Psicólogos de Galicia para a atención ás mulleres vítimas de violencia e aos seus fillos. Un convenio que si é efectivo para axudar ás vítimas e que é de tan só 156.400 euros.

Publicidade aparecida nos grandes medios sobre unha campaña de Violencia de xénero
Publicidade aparecida nos grandes medios sobre unha campaña de Violencia de xénero

A Xunta insiste en que ten un programa pioneiro en Galicia e en España, 'Abramos ou círculo', para os homes con problemas de conduta. "Eu podo estar de acordo en que son necesarios máis medios, pero nun momento de crise económica fomos capaz de abrir en Santiago un Centro de Recuperación Integral para vítimas de segundo nivel", remarcaba López Abella hai un ano.

Así mesmo, indicaba que Galicia é a "primeira comunidade" en ter unha materia de libre configuración en igualdade, que foi asumida por "moitos centros escolares" e que xa se está sendo impartida.

AUMENTAN OS CASOS

Con todo, e a pesar destas medidas, o número de denuncias por casos de violencia de xénero creceu en Galicia un 22,23 por cento en 2017 con respecto ao pasado ano. A propia secretaria xeral de Igualdade era a encargada de dar estes datos durante a presentación da campaña da Xunta para o 25 de novembro, a mesma que custou case 200.000 euros.

Ata o momento, e segundo a Xunta, hai tres vítimas da violencia de xénero este ano. E iso, a pesar de que durante o curso pasado decretáronse 946 ordes de protección. De feito, e aínda que Galicia mantense como cuarta autonomía con menor taxa de criminalidade no seu balance correspondente aos nove primeiros meses do ano, aumentaron os delitos contra a liberdade sexual, un 11%, segundo datos do delegado do Goberno, Santiago Villanueva.

PROGRAMA VIOGÉN

 

En Galicia hai actualmente máis de 3.100 casos de violencia de xénero que son obxecto de control, protección e seguimento permanente por parte de axentes policiais a través do Sistema de Seguimento Integral de Casos de Violencia de Xénero (Viogén), que analiza o nivel de risco de cada caso e coordina aos diferentes axentes implicados para garantir a protección e benestar das vítimas.

 

A maiores, o sistema Viogén rexistra en Galicia máis de 21.500 casos considerados 'inactivos', é dicir, que, por circunstancias, se considera que non necesitan de atención policial constante, aínda que poden reactivarse en calquera momento.

 

Cartel do Día contra a Violencia Machista de 2017 que foi moi polémico
Cartel do Día contra a Violencia Machista de 2017 que foi moi polémico
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 tegami

Porque la ideología de género no funciona, es evidente. Eso de que las diferencias entre hombre y mujer son solo culturales se lo cuelan a otro.

1 O PEPE E MACHISTA

Xa dixo o "parvo" de frijoles que o culpabel é o machismo do bloque que o bloque esta do lado do machismo, do machorrerio... pero que zcinico e zsinvergonza é o elemento iste do pepeiro ztraidor e expañoleto, Supoño que aumenta a violencia machista porque, igual que pasa en todo o demais a propaganda non sirve da nada, sinon soamente para engañar e para facer autobombo zestúpido esteril, si aumenta e que as POLITICAS REAIS AS QUE INCIDEN DIRECTAMENTE NO TEMA ESTAN MAL LEVADAS E ADEMAIS MAL ORIENTADAS ... a propaganda soamente sirve para engañar, e para financiar os amigos en especial a COUCE DA MALICIA!!!! A RATA AMIGA DO PEPEIRO!!!!