Galicia rexistra máis de 200 raios en dúas horas, con choivas que avanzan na zona norte e oeste

Galicia rexistrou máis de 200 raios entre as 17,00 e as 19,00 horas deste mércores coa entrada dun temporal, na súa maioría na provincia da Coruña.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2017 | Actualizada ás 19:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou máis de 200 raios entre as 17,00 e as 19,00 horas deste mércores coa entrada dun temporal, na súa maioría na provincia da Coruña.

Raios en Galicia o 22 de novembro de 2017
Raios en Galicia o 22 de novembro de 2017 | Fonte: Europa Press

En total, até pasadas as 19,00 horas deste mércores van máis de 300 raios caídos en toda a xornada en Galicia, segundo a información de Meteogalicia.

Así, este temporal deixa choivas que avanzan pola zona norte e oeste da Comunidade galega, que se espera sexan xeneralizadas nas próximas horas.

Pola súa banda, en Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), alcanzouse un refacho de vento máximo de 138 quilómetros por hora este mércores; seguida de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras (Ourense), con 132 quilómetros por hora; e dos 124 quilómetros por hora na Gándara, en Vimianzo (A Coruña).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta