Os servizos de emerxencias atenden 77 incidencias no inicio do primeiro temporal do outono en Galicia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112-Galicia rexistrou, entre as 9,00 horas e as 18,00 horas deste mércores, un total de 77 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa por verto.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2017 | Actualizada ás 19:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112-Galicia rexistrou, entre as 9,00 horas e as 18,00 horas deste mércores, un total de 77 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa por verto.

Segundo informou o 112, a caída de árbores ou ramas ás estradas foi o incidente máis frecuente, aínda que tamén se rexistraron avisos pola presenza doutros obxectos nas vías, por postes danados ou pola caída de carteis ou sinais de tráfico á calzada.

A provincia máis afectada é a da Coruña, onde se contabilizaron 26 incidentes. A continuación, séguelle a de Pontevedra, con 25. Na provincia de Lugo e producíronse 20 incidencias e na de Ourense, 6.

Por concellos, destaca o de Vigo, onde se produciron 8 incidentes. De feito, na cidade olívica produciuse a única vítima polo momento deste episodio, unha persoa á que caeron encima os cristais dunhas xanelas rotas.

Á primeira hora da tarde, tamén en Vigo, o vento tiraba un valado que pechaba unha parcela en Coruxo.

Por outra banda, a caída de árbores ou ramas condicionou a circulación en numerosos puntos da rede viaria galega. Entre outros, cabe destacar a caída dunha rama na A-6, no quilómetro 590, no carril dereito en sentido Madrid. Varias persoas alertaban da situación ao 112 ao redor das 17,00 horas.

En Santiago, a caída dunha árbore nunha vía de servizo en Conxo provocou danos en varios coches que estaban estacionados á beira da calzada, obrigando tamén ao corte do carril. Tamén na capital galega, outra árbore provocou o corte da AC-462 ás 17,30 horas, na zona de Berdía.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta