Estréase o documental ‘Castelao. De chumbo a verba’

O director e guionista Miguel López, acompañado do equipo de rodaxe, presenta en Ourense o filme sobre a vida de Castelao en Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 23/11/2017 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

Miguel López xa ten baixo o brazo a súa primeira cinta audiovisual. Tras máis dunha década de estudo, reflexións e correccións de guión, o director  galego presenta o seu primeiro filme: 'Castelao. De chumbo a verba'. A cita, este venres 24 de novembro ás 20.00 horas no Liceo de Ourense.

Fotograma do documental Castelao De chumbo a verba
Fotograma do documental Castelao De chumbo a verba

Acompañado do equipo de rodaxe do filme, López presentarán este documental sobre a vida de Castelao en Pontevedra. O evento contará coa actuación e interpretación dos temas musicais da película, cantados por María do Ceo.

A historia do filme transcorre na época actual. Nun colexio de Pontevedra celébrase o día das artes Galegas adicado a Castelao. A mestra (Uxia Blanco) encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante a fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco lacazán, recibe unha reprimenda da súa mestra por non estar atento á clase. A partir de aí, o neno artella un mundo entre a fantasía e a realidade que se inicia cando a estatua de Castelao do grupo escultórico da Praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra na que viviu o insigne galeguista durante 20 años.

'Castelao. De chumbo a verba' é un documental ficcionado no que se mistura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao e flashbacks que nos achegan as dúas froitíferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor rianxeiro, axudando a entendermos o seu pensamento e a súa vida persoal, cultural e política.

O filme está producido por Miguel López en coprodución con Abella Creativa, co apoio do Concello de Pontevedra, Pontevedra Film Commission, Pazo da Cultura de Pontevedra e o patrocinio e colaboración de Bateamar, Galicia Calidade, Gadis, Estrella Galicia e Mandeo Récords.

Fotograma do documental 'Castelao De chumbo a verba'.
Fotograma do documental 'Castelao De chumbo a verba'.

A entrada é de balde ata completar o aforo do Salón Noble do Liceo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Harvey Güeinstein

Como teñan que financiar a peli cas entradas non lles vai a dar nin para mercar o sombreiro.