Temas: LUMES INCENDIOS

Incendios en pleno mes de novembro queiman unhas 180 hectáreas

Medio Rural informa de que dous lumes en Ribadeo e O Bolo foron controlados e un terceiro foi extinguido en Friol.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Dous incendios forestais iniciados na tarde do mércores permanecían controlados na mañá deste xoves nos municipios de Ribadeo (Lugo) e O Bolo (Ourense), mentres que quedou extinguido outro lume na localidade lucense de Friol.

Incendio en Ribadeo
Incendio en Ribadeo | Fonte: @Batallont15.

Segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural, desde as 5,09 horas deste xoves está controlado un incendio que se declarou ás 18,10 horas do mércores na parroquia de Celavente no municipio do Bolo.

As estimacións de Medio Rural sitúan a superficie queimada en 146,71 as hectáreas calcinadas, das cales 122,71 son de monte arboledo e 24 de raso. Foron mobilizados sete axentes, 16 brigadas, oito motobombas e unha pa.

Tamén permanece controlado o incendio declarado na localidade lucense de Ribadeo e queimou, segundo as primeiras estimacións, máis de 25 hectáreas.

Este lume empezou sobre as 15,37 horas na parroquia da Devesa e está controlado desde a noite do mércores. Foron mobilizados polo menos tres axentes, sete brigadas, cinco motobombas e unha pa.

EXTINGUIDO

Pola súa banda, un lume rexistrado na parroquia de Vilafiz no municipio de Friol (Lugo) quedou extinguido na noite do mércores após calcinar seis hectáreas, confirmou a Consellería de Medio Rural.

Este incendio forestal, que se iniciou ao redor das 16,11 horas deste mércores, quedou extinguido ás 20,25 horas da mesma xornada. Na súa extinción traballaron un axente tres brigadas e tres motobombas.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta