(AM) Controlados senllos incendios forestais en Ribadeo (Lugo) e O Bolo (Ourense) e extinguido outro en Friol

Dous incendios forestais iniciados na tarde do mércores permanecen controlados na mañá deste xoves nos municipios de Ribadeo (Lugo) e O Bolo (Ourense), mentres que quedou extinguido outro lume na localidade lucense de Friol.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 10:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dous incendios forestais iniciados na tarde do mércores permanecen controlados na mañá deste xoves nos municipios de Ribadeo (Lugo) e O Bolo (Ourense), mentres que quedou extinguido outro lume na localidade lucense de Friol.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural, desde as 5,09 horas deste xoves está controlado un incendio que se declarou ás 18,10 horas do mércores na parroquia de Celavente no municipio do Bolo.

As estimacións de Medio Rural sitúan a superficie queimada en máis de 20 hectáreas. Foron mobilizados sete axentes, 16 brigadas, oito motobombas e unha pa.

Tamén permanece controlado desde as 22,52 horas do mércores o incendio declarado na localidade lucense de Ribadeo e queimou, segundo as estimacións de Medio Rural, unhas 25 hectáreas.

Este lume empezou ás 15,37 horas do mércores na parroquia da Devesa e foron mobilizados seis axentes, 13 brigadas, oito motobombas e unha pa.

EXTINGUIDO

Pola súa banda, un lume rexistrado na parroquia de Vilafiz no municipio de Friol (Lugo) quedou extinguido na noite do mércores após calcinar seis hectáreas, confirmou a Consellería de Medio Rural.

Este incendio forestal, que se iniciou ao redor das 16,11 horas deste mércores, quedou extinguido ás 20,25 horas da mesma xornada. Na súa extinción traballaron un axente tres brigadas e tres motobombas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta