Os viaxeiros aloxados nos hoteis galegos aumentaron un 6% en outubro

Un total de 430.846 viaxeiros aloxáronse en hoteis galegos ao longo do mes de outubro, o que supón un 6% máis que no mesmo mes do ano anterior, segundo reflicten as cifras feitas públicas este xoves polo Instituto Nacional de Estatística.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 11:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 430.846 viaxeiros aloxáronse en hoteis galegos ao longo do mes de outubro, o que supón un 6% máis que no mesmo mes do ano anterior, segundo reflicten as cifras feitas públicas este xoves polo Instituto Nacional de Estatística.

Hotel Rua Villar, Santiago.
Hotel Rua Villar, Santiago. | Fonte: Europa Press

Así, durante o décimo mes do ano pasaron polos hoteis da Comunidade máis de 24.000 viaxeiros máis que o ano anterior. A maior parte, 278.125, eran españois, mentres que 152.721 eran estranxeiros. Do mesmo xeito, na comunidade producíronse 816.677 pernoctacións durante o mes de outubro, un 5,97% máis que hai un ano.

Por provincias, 203.633 viaxeiros aloxáronse en hoteis da Coruña, mentres que 132.819 fixérono en Pontevedra. Así mesmo, os hoteis de Lugo acolleron a 66.359 viaxeiros e os de Ourense a 28.034. A estancia media, igual á do ano anterior, foi de 1,9 días.

Durante o décimo mes do ano, os hoteis galegos rexistraron unha ocupación do 41% das súas prazas --do 49% en fin de semana-- e do 46% das súas habitacións.

PREZOS E RENDIBILIDADE

A estatística feita pública polo INE apunta a que os prezos hostaleiros dos establecementos galegos experimentaron un crecemento interanual de 0,4 puntos.

Así mesmo, o ingreso por habitación dispoñible creceu un 6,4%, até os 26 euros de media; mentres que o ingreso por habitación ocupada caeu un 0,87%, até os 55,9 euros.

DATOS NACIONAIS

Os hoteis españois rexistraron 30,9 millóns de pernoctacións o pasado mes de outubro, o que supón un 1,1% máis que no mesmo mes de 2016. Durante o dez primeiros meses do ano, as pernoctacións en establecementos hostaleiros aumentaron un 2,8% respecto ao mesmo período de 2016.

O moderado avance interanual logrado en outubro débese ao aumento do 2,6% nas pernoctacións realizadas polos visitantes estranxeiros e ao descenso do 2,2% nas realizadas polos residentes en España. A estancia media baixa un 0,9%, até as 3,3 noites por viaxeiro.

En outubro cubríronse o 60,8% das prazas ofertadas, cun aumento anual do 0,1%. O grao de ocupación por prazas en fin de semana subiu un 3,1% e situouse no 67,2%.

A taxa anual do Índice de Prezos Hoteleiros (IPH) sitúase no 5,6% en outubro, o que supón 0,7 puntos porcentuais menos da rexistrada o mes pasado e 0,8 puntos por encima da rexistrada hai un ano.

A facturación media por habitación ocupada (ADR) foi de 81,9 euros, un 5,3% máis en comparación con outubro de 2016, e o ingreso por habitación dispoñible (RevPar), condicionado á ocupación rexistrada, foi de 55,5 euros, cun repunte interanual do 6,7%.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta