Extinguido o incendio forestal que queimou máis de 20 hectáreas no Bolo (Ourense)

O incendio forestal declarado o mércores no municipio ourensán do Bolo quedou extinguido na mañá deste xoves após queimar máis de 20 hectáreas de superficie.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 13:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado o mércores no municipio ourensán do Bolo quedou extinguido na mañá deste xoves após queimar máis de 20 hectáreas de superficie.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, este lume quedou extinguido ás 12,38 horas deste xoves após declarase ás 18,10 horas do mércores na parroquia de Celavente.

Este incendio estaba controlado desde as 5,09 horas deste xoves e as estimacións apuntadas por Medio Rural sitúan a superficie calcinada en máis de 20 hectáreas.

Foron mobilizados para a extinción deste incendio polo menos sete axentes, 16 brigadas, oito motobombas e unha pa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta