Temas: XUNTA

Detido un mozo polo lanzamento dun coctel molotov contra a residencia do presidente da Xunta

Impútanlle tamén os danos causados en tres caixeiros automáticos na capital galega nos últimos meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a un mozo de 22 anos como presunto autor do lanzamento dun artefacto incendiario contra a residencia oficial do presidente da Xunta en Santiago de Compostela.

Entrada da residencia oficial de Monte Pío
Entrada da residencia oficial de Monte Pío

Segundo informa a Policía Nacional, o pasado 21 de novembro foi detido un home en Santiago de Compostela como presunto autor do lanzamento do artefacto incendiario de fabricación caseira ao recinto da residencia oficial do presidente da Xunta en Monte Pío na noite do 17 ao 18 de outubro.

A investigación policial por estes feitos, que finalizou coa identificación e detención deste mozo de 22 anos, concluíu con que este mozo "era o presunto autor dos danos causados en tres caixeiros automáticos" que foron incendiados ao redor da mesma data en Santiago de Compostela.

DESALOXO

Nun destes incendios, lembra a Policía, foi necesario, ademais da intervención dos bombeiros, "o desaloxo dalgunhas das vivendas do inmoble por mor da queima do caixeiro automático".

O detido, que carece de antecedentes, foi posto a disposición xudicial o mércores.

Temas: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Nexus 6

Aparte de la pena y multa correspondiente, si es que en derecho ha lugar, lo pondría a limpiar las fachadas afectadas, así como a tareas de limpieza y desinfección de los cajeros automáticos quemados por este muchachote contestatario. Además, claro está, de su obligado paso por un psiquiatra especialista en el tratamiento del furor revolucionario y prurito violento, a ver si la próxima vez, en lugar de quemar cajeros o atentar contra una vivienda y sus ocupantes, se dedica a asar castañas o vender melindres de Allariz.

1 XandeCaLO

A ti ponhiache eu a falar galego. E a Ortega a recoller avispa velutina e os q deixan morrer a xente no mediterraneo que son os cínikos da tua ideoloxia a recoller mortos. E os ke fan as reixas cada vez mais altas nas fronteiras pra vivir nun "mundo global" metiaos nun foguete e non volvian a pisar a terra na sua vida. Ti terás opinión pero non Sentidiño