A Xunta asume o concerto vasco porque "está na Constitución" e é "constitucional"

Alberto Núñez Feijóo pide, iso si, que a cota se "explique" en detalle por parte do Goberno que dirixe Mariano Rajoy ao resto de presidentes autonómicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O xefe do Executivo galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este xoves que el non discute o concerto vasco, que é "un precepto constitucional", pero manifestou a súa convicción de que "a contía, é dicir, a cota" debería ser "explicada" en detalle polo Goberno que dirixe Mariano Rajoy ao resto de presidentes autonómicos.

Manifestación nacionalista a favor da independencia do País Vasco
Manifestación nacionalista a favor da independencia do País Vasco | Fonte: wikipedia

"O concerto vasco ten respaldo constitucional, foi así votado en España e entendo que, mentres non haxa unha reforma (da Carta Magna), discutir sobre el non entra dentro da lealdade constitucional", defendeu, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, despois de ser preguntado acerca de se considera que a cota vasca, aprobada no Congreso, é unha 'moeda de cambio' para os orzamentos.

"Pero unha cousa é o concerto e outra cousa é a cota, a contía, como fai as contas o Goberno de Euskadi co central", aclarou, antes de engadir que, "aí, como é lóxico, o que sería conveniente e positivo" é que, no marco do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), se informase ao conxunto das autonomías sobre "como unha comunidade fai as contas directamente co Estado".

E é que Feijóo considera que "o resto de presidentes autonómicos" teñen "dereito a saber" como se reparte "o diñeiro de todos". Recoñeceu que, até agora, este paso non se deu nunca, pero insistiu en que, "aínda que é certo que se aproba no Congreso, non sería unha mal formulación" que se explique a cota ao resto de dirixentes que teñen que pactar o financiamento.

"Eu non vou facer demagoxia sobre o concerto vasco, que é un precepto constitucional. Pero si creo que é razoable que ao resto de presidentes autonómicos explíquesenos como se chega ás contías da cota, é dicir, ás contías que o Goberno vasco ten que trasladar ao central, dado que a recadación correspóndelle ao Executivo de Euskadi", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Que fai o PPdeG por nós

A ver cando os deputados do PP galego en Madrid negocian co goberno unha mellora da financiación, ou calquera outra cousa que nos beneficie, en lugar que tirar pedras contra o tellado propio e buscar o beneficio da capital do estado... Se non votas nacionalista, votas privilexios para Madrid...

3 galegoexiliado

O CUPONAXO é coma a Lotería, todos poñen os cartos pero logo sempre lle toca aos mesmos. Ós galegos tocalles a saude e disfrutar da divina presencia do camandante Freijó e as suas xustificacions de pega. O voto dos diputados galegos en Madrí esta asegurado e non é preciso pas contas de Mariano. Vota aos de sempre, Euskadi e Cataluña cho agradecerán.

2 GALEGO

Imos ver o cupo e a ollímetro que quere Feijoo que lle expliquen, vai en porcentaxe coa necesidade de apoio nó parlamento español, se non tiveramos a un representante que é o tont o útil de Madrid (se fose de Catalunya sacaría as uñas) outro galo cantaría. Catalaunya e Euskadi son os zonas con máis desenvolvemento supoño que o autogoberno terá algo que ver. As maiores cuotas de desenvolvemento en Galicia coinciden coa maior autonomía, pero o importante é manter a unidade de España por riba do benestar dos galegos.

1 Liao

O que diga o PNV. A ti que che van explicar se non contas para ninguén