O TSXG ratifica a condena de 21 anos de prisión ao procesado por matar a unha camareira de Ferrol

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que condena a 21 anos de prisión ao home xulgado por matar cun coitelo a unha camareira de Ferrol.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 15:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que condena a 21 anos de prisión ao home xulgado por matar cun coitelo a unha camareira de Ferrol.

A Sala entende que non existiu a indefensión aludida polo letrado do acusado, quen manifestou non ter a oportunidade de presentar "testifical e pericial referidas ao consumo conxunto de alcol e, por prescrición médica, dunha sustancia química psicotrópica".

Ademais, os maxistrados lembran que esta proba nin sequera foi proposta pola defensa ao longo do procedemento e que tampouco cabe argüir que "de practicarse, o veredicto fose favorable á defensa".

MOTIVACIÓN

Tampouco comparte a Sala o argumento de que o veredicto do xurado carece de motivación, polo que confirma a sentenza ditada pola presidenta do Tribunal do Xurado.

Contra esta sentenza poden interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo dentro do cinco días seguintes ao da última notificación que se faga da mesma, incluída a do acusado na súa persoa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta