O BNG fai campaña contra a Constitución Española

Prepara un documental sobre a expulsión de tres deputados nacionalistas por non xurar a Constitución no 82. Denuncian a "criminalización das ideas políticas que non encaixan co status quo do actual marco institucional" en relación ao que acontece en Cataluña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) prepara un documental sobre a expulsión de tres deputados nacionalistas sobre a expulsión de tres deputados nacionalistas do Parlamento de Galicia en novembro de 1982 ao non prestar juramente á Constitución española.

Imaxe do momento da expulsión de tres deputados do BNG por non xurar a Constitución
Imaxe do momento da expulsión de tres deputados do BNG por non xurar a Constitución | Fonte: BNG

Este xoves lanzou un avance, en formato de vídeo, deste documental no que fai memoria deste feito, cando se cumpren 35 anos da expulsión dos entón deputados da coalición Bloque-Partido Socialista Galego (PSG) Bautista Álvarez (recentemente falecido), Lois Diéguez e Claudio López Garrido.

O BNG lembra aquel "feito excepcional" que supuxo aplicar "retroactivamente unha norma que obrigaba a xurar a Constitución" e sinala que este vídeo se concibe como "un acto de denuncia e recoñecemento político aos seus protagonistas".

Este feito prodúcese, precisamente, sinala o Bloque, "nun momento de involución democrática no conxunto do Estado, marcado polo recorte de dereitos e liberdades, tanto individuais, como dos pobos".

Os nacionalistas galegos tamén advirten, ademais, da "criminalización das ideas políticas que non encaixan co status quo do actual marco institucional", en clara alusión á situación de Cataluña, respecto diso da cal o BNG xa se situou en contra da aplicación do artigo 155 da Constitución.

De feito, o BNG lembra que xa "era crítico e cuestionaba a Constitución herdada do réxime do 78 fai máis de tres décadas" e, agora, considera que "é urxente superar ese corpiño que lastra o desenvolvemento deste país e definir un novo marco institucional partindo do recoñecemento de Galicia como nación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 LKI

Normal estar en contra dunha constitución continuista co rexime fascista anterior e que limita os dereitos nacionais e sociais dos pobos e da maioría social agredida. O que non é normal é que se faga desde un BeNeGá que tan ben vive desa constitución e do rexime que sustenta: subvencións a chiringuitos próximos, negocio de liberacións hereditarias, políticos profisionais eternos... Puro postureo de cara a galería e autoconsumo para a propia parroquia.

3 Rosalía R

Patético. Os exemplos e amizades do marxinal BNG no mundo son os gobernos mais dictatoriais e asasinos como a república bananera e comunista de Cuba, a tiranía chavista de Venezuela onde cada día a policía de Maduro asesina opositores, e a monarquía comunista de Corea do Norte. E agora veñen contando trolas en plan NODO.

2 ViGaTo

Qué (00), pontificando sobre democracia quienes no creen en ella sino en la dictadura del proletariado como paso previo a la imposición del comunismo. Se retratan dirigiendo la campaña a las personas más ingenuas y con menos luces. Pero q asco joer

1 nostrus

El bloque es como un culo de mal asiento condenado a vagar eternamente como un alma en pena y a ser un incomprendido, demócrata sin vocacion y tocapelotas empedernido que sus fanfarronadas ya no hacen gracia a nadie, pero los gallegos le han asignado unos escaños en plan mosca cojonera para avivar un poco a quien gobierne, aunque ni para eso valen. Viven con un gran sufrimiento por ser españoles y yo les recomendaria que probaran a pasar por el quirófano a ver si se les cura.

1 Eduardo_a_Inda

No como el PPsoe y ciudadanos, cuyos culos ya se sentaron en todos los asientos posibles y no hacen más que engordar. En plena euforia por sentiros apoyados no condenéis eternamente a los demás sino admitid la condena de los vuestros a ser ineptos y fracasados en todos los ayuntamientos donde gobernaron, a no tener ningún plan para Galicia y a ser el país más corrupto de la UE (cosa cada vez más difícil).