Temas: EXPORTACIóN

A crise catalá non afectará á economía de Galicia

Un informe de Funcas destaca a "boa marcha" do sector industrial e suliña que a economía galega crecerá un 3% en 2018. Xunto a Madrid e Valencia presentará un dos tres mellores datos o ano que vén.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

A economía galega crecerá o próximo ano un 3%, fronte ao 3,3% do actual exercicio, de acordo coas previsións de Funcas, que destaca a "boa marcha" do sector industrial cun crecemento "dinámico" das exportacións, que representan unha porcentaxe elevada do PIB galego, debido ao empuxe dos sectores téxtil e confección e derivados do petróleo.

Exportacións
Exportacións

Desta forma, Funcas estima que Galicia será, xunto a Madrid e Comunitat Valenciana, unha das tres mellores comunidades en 2018, "mantendo o bo ton mostrado xa en 2017". A taxa de paro baixará ao 14,9% en 2017 e ao 13,1% en 2018, de acordo cos seus cálculos.

"O seu crecemento no primeiros tres trimestres do ano foi superior á media nacional, fundamentalmente grazas á boa marcha do sector industrial", explica. A actividade, que comezou o ano cun ton "de debilidade", gañou forza ao longo do mesmo, cun crecemento "dinámico" das exportacións (que representan unha elevada porcentaxedo PIB galego), só lixeiramente inferior á media, segundo o informe.

En canto a estas últimas, destacou o empuxe dos sectores de téxtil e confección (que constitúen a principal exportación de Galicia) e derivados do petróleo, mentres que o sector do automóbil (o segundo sector exportador) reducía as súas vendas ao exterior.

Os indicadores de servizos tamén presentaron "bos resultados", segundo constata Funcas, ao contrario do que ocorreu na construción, onde o crecemento da actividade residencial foi modesto en comparación co resto de comunidades autónomas, á vez que a obra pública arroxou taxas negativas, cunha intensidade, ademais, crecente.

EMPREGO

Galicia rexistrou até outubro un crecemento do emprego,segundo as afiliacións á Seguridade Social, do 2,2%, inferior en 1,6 puntos porcentuais á media. En todos os sectores o crecemento foi inferior á media,e sobresae "especialmente" o da construción, que rexistra o peor dato de todas as comunidades autónomas (0,5%).

Tamén segundo a EPA o aumento da ocupación nos tres primeiros trimestres do ano foi "modesto": un 1,3%, a metade que a media. A taxa de desemprego situouse no 14,5% no terceiro trimestre do ano, inferior en case dous puntos respecto da rexistrada no mesmoperíodo de 2016.

CONTAS

As contas públicas galegas arroxaron un saldo negativo do 0,59% do PIB no ano 2016. En canto ao ano en curso, de xaneiro a agosto rexistrouse un superávit do 0,30% do PIB, fronte ao 0,07% no mesmo período do ano precedente.

O aumento dos ingresos foi o responsable desta mellora. Funcas espera así un crecemento do PIB superior á media tanto este ano como o próximo, un 3,3% e un 3% respectivamente. Segundo as súas previsións, a taxa de desemprego media anual descenderá até o 14,9% en 2017 e o 13,1% en 2018.

Temas: EXPORTACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta