Extinguido o incendio forestal de Ribadeo (Lugo) tras queimar 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou da extinción dun incendio forestal no concello lucense de Ribadeo, tras calcinar unhas 40 hectáreas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2017 | Actualizada ás 22:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou da extinción dun incendio forestal no concello lucense de Ribadeo, tras calcinar unhas 40 hectáreas.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o lume comezou sobre as 15,37 horas deste mércores na parroquia de Devesa. Finalmente, foi extinguido sobre as 19,25 horas deste xoves.

Segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 40 hectáreas, das cales 36 son arboredos e catro de monte raso. No lugar traballaron 8 axentes, 18 brigadas, 10 motobombas e unha pa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta