Lugo, capital do rugby feminino esta fin de semana

A cidade acollerá un partido de rugby entre Galicia e Aragón do campionato de España de seleccións.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 23/11/2017 | Actualizada ás 22:35

Comparte esta noticia

Lugo acollerá este domingo un encontro de rugby feminino entre Galicia e Aragón que terá lugar, a partir das 13:00 horas, no Estadio Gregorio Pérez Rivera, correspondente á terceira xornada do Campionato de España de Seleccións Autonómicas. 

Presentación do partido de rugby feminino entre Galicia e Aragón
Presentación do partido de rugby feminino entre Galicia e Aragón | Fonte: Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación de Lugo colabora coa Federación Galega de Rugby na celebración deste evento co obxectivo de promover o deporte feminino na provincia de Lugo. Durante a presentación deste partido, o deputado de Deportes, Pablo Rivera destacou a aposta que fai esta institución polo rugby e polo deporte feminino.

“Colaboramos con clubs como o Muralla que está a facer un traballo importante e cunha longa tradición na provincia de Lugo”, lembrou.

Temas: RUGBY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta