71.800 € públicos nunha fin de semana turística de 9 blogueiros

"Marisco espectacular", hoteis de luxo e “algunha festa popular” entre os alicientes dunha “acción de comunicación” pagada pola Xunta e a Deputación de Pontevedra para promocionar as Rías Baixas nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 06/12/2010 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

Turgalicia e Turismo Rías Baixas acábanse de gastar 71.800 euros en que nove blogueiros especialistas en turismo “disfruten das excelencias da oferta turística de Pontevedra a través dunha ruta que mesture gastronomía, paisaxe, con algunha festa popular, evento o actividade rechamante que consiga impactar aos asistentes”, segundo figura no propio convenio polo que se pagou esta "viaxe de familirización". 

O primeiro ente, que depende da Xunta, invetiu 52.600 euros, e o segundo, da Deputación de Pontevedra, 19.200. 

O  convenio rubricado en outubro asegura que a Administración trataba de promocionar as  Rías Baixas a través entre “miles de seguidores (followers)” dos nove internautas nas redes sociais. Nunha innovadora estratexia de comunicación, estes nove profesionais, a cambio da fin de semana nas Rías Baixas, relataron a experiencia nos seus espazos web e no propio blog da “viaxe de familiarización”.

None

Incluíron o nome de Enrique Dans, que non participou

Entre os “profesionais de gran prestixio” que “desenrolan parte da súa actividade no mundo das novas tecnoloxías e con importante presenza activa en diferentes redes sociais (twiter, tuenti, blogs ...)” as administracións salientaron a presencia dos blogueiros Enrique Dans e Jimmy Pons. Malia que o nome de Enrique Dans figura no convenio, GC confirmou con este popular blogueiro que el non participou en ningunha das actuacións financiadas por ese acordo.

Os asistentes publicaron numerosos contidos da súa fin de semana nas Rías Baixas. Velaquí un dos Youtubes produto desta “acción de comunicación” protagonizados polo blogueiro Jimmy Pons:


Neste outro vídeo, un dos participantes presume de "haber comido como auténticos reyes, un marisco espectacular" e pernoctar nun hotel "de auténtico lujo":

None

 

Ademais de relatorios e visitas turísiticas, os nove afortunados desfrutaron dos productos galegos, como a queimada:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 140 comentarios

43 Mateo

Aí vai. Para todos os que se cren as mintiras dos periodistas de Galicia Confidencial http://issuu.com/hosteltur_2010/doc...

42 Otra publicidad

41 Beatriz

Anda, anda!!!non tedes nin idea do que dicides, informádevos canto custa unha campaña publicitaria normal e comparade co impacto que ten isto, facédeme un favor, entrade en you tube e hai uns numeriños que indican o nº de visitas. Eu traballo neste sector e paréceme fatal que desprestixiedes novas formas de promocionar ó noso turismo e sobre todo que xoguedes co pan de cada día de milleiros de persoas. Porque todos colaboramos no mundo do turismo,dende o chófer do autobús que os translada dende o aeroporto ata a tenda da esquina. Está claro que só vos interesa os motivos políticos,argggggggggg

1 Enfin

Beatriz yo no veo por ningún lado que desprestigien el medio, lo que se esta a criticar es el gasto y la forma de hacerlo, y a mi modo de ver con razón y más en esta época que mucha gente no tiene nada que llevarse a la boca, pienso que es una ostentación innecesaria, y poco práctica.

2 Beatriz

O gasto non é nada co impacto económico que posteriormente deixará na provincia, observa este vídeo de you tube colgado fai 3 semanas con máis de 2000 visitas. http://www.youtube.com/watch?v=FzO0...

3 Rayleigh

Precioso Beatriz..é o teu a que si? Un grupo de amigos que colgan un vídeo persoal e polo tanto a paisaxe e demáis cousas quedan relegadas a algo secundario..E dime, canto custou facelo? Seguro que menos 50 mil € nada, non? Pero non me fagas moito caso xa que o que estou facendo é unha crítica política posto que está clarísima as opción política dos intervinintes nese vídeo que puxeches.. En fin. Cada vez teño máis claro que Rosa Díez non anda tan desencaminada na súa opinión dos galegos.

4 andrés

Beatriz, se realmente traballas no medio e estar dicindo o que estou lendo, entón significa que non tes nin idea do que falas. 2000 visitas despois de terse gastado esa pasta? estasme dicindo que es capaz de facer xa un calculo do "impacto" desas visitas ao youtube? Decidido, non tes nin idea do que estás falando.

5 Lector

Beatriz, resultame sorprendente que ese video que agora mesmo xa anda polas 2300 reproduccións cando o resto do grupo non supera as 60 reproduccións, pero aínda me resulta mais curioso que vendo o mapa mundi das estatisticas de acceso, o gordo das visitas veñan de USA e Alaska. Non creo que as 50 twitadas producidas por #riasbaixas, produzan ese impacto no público americano, sobre todo cando o target esperado era de público de España, pero igual ti podesmo explicar, que eu son algo ignorante nisto do social media

6 Lector

PD: espero que non se estea facendo trampas e que alguen estea dandolle ao botón compulsivamente para quen sabe que cousas......

7 Mateo

Beatriz ten razón. Galicia Confidencial minte para facer máis interesante a noticia. A ver se agora imos darlle un premio aos fantásticos periodistas de GC por faltarlle á verdade. Dí GC nun artigo sobre o blogtrip "Ningún da ducia de vídeos colgados polos organizadores suma máis de 150 visitas.". E basta mirar o you tube do encontro para atopar 40 vídeos e algún de 2200 visitas. E ese número de visitas xa estaba aí antes da noticia.

8 Rayleigh

Xa..e podesme colocar o enlace do vídeo onde se explica a xente que terán todo iso que aparece nos vídeos se poñen 4000 euros ó día por persoa? Supoño que terán algún vídeo dese tipo, non? Non quererás que pensemos que estes blogueiros están ENGANANDO os seus visitantes, verdade? Por que eses non enganan...E tamén sorpréndeme que despois de levar esta noticia 1 SEMÁN, saias con ese "descubrimento" agora. Veña rapaz, faino mellor a próxima vez

9 Mateo

Xa vexo que eres fiel seguidor de periodistas que minten. Ala tí.

40 Roberto G.

70.000 €? Iso non é nada. É o que cobraban empresas vencelladas á xefa de prensa da Bugalla por cada web que, en teoría, "ideaban" para chiringuitos públicos no 2005-2009.

1 pejigo

pode dar algún exemplo?

2 Rayleigh

Vaia..así que despois de 2-5 anos sae isto, eh Roberto? É a última mentira saída da mente quenturenta da Consellería de Propaganda? E fíxate que casualidade..o custo coincide coa mariscada de Louzán os seus amigos!! Debe ser que na administración se reparte todo de 70 en 70 mil..O mesmo que pejigo: fonte de onde sacaste isto, datos, etc etc. A ver se a mentira está máis elaborada...

39 Roberto G.

70.000 €? Iso non é nada. É o que cobraban empresas vencelladas á xefa de prensa da Bugalla por cada web que, en teoría, "ideaban" para chiringuitos públicos no 2005-2009.