71.800 € públicos nunha fin de semana turística de 9 blogueiros

"Marisco espectacular", hoteis de luxo e “algunha festa popular” entre os alicientes dunha “acción de comunicación” pagada pola Xunta e a Deputación de Pontevedra para promocionar as Rías Baixas nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 06/12/2010 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

Turgalicia e Turismo Rías Baixas acábanse de gastar 71.800 euros en que nove blogueiros especialistas en turismo “disfruten das excelencias da oferta turística de Pontevedra a través dunha ruta que mesture gastronomía, paisaxe, con algunha festa popular, evento o actividade rechamante que consiga impactar aos asistentes”, segundo figura no propio convenio polo que se pagou esta "viaxe de familirización". 

O primeiro ente, que depende da Xunta, invetiu 52.600 euros, e o segundo, da Deputación de Pontevedra, 19.200. 

O  convenio rubricado en outubro asegura que a Administración trataba de promocionar as  Rías Baixas a través entre “miles de seguidores (followers)” dos nove internautas nas redes sociais. Nunha innovadora estratexia de comunicación, estes nove profesionais, a cambio da fin de semana nas Rías Baixas, relataron a experiencia nos seus espazos web e no propio blog da “viaxe de familiarización”.

None

Incluíron o nome de Enrique Dans, que non participou

Entre os “profesionais de gran prestixio” que “desenrolan parte da súa actividade no mundo das novas tecnoloxías e con importante presenza activa en diferentes redes sociais (twiter, tuenti, blogs ...)” as administracións salientaron a presencia dos blogueiros Enrique Dans e Jimmy Pons. Malia que o nome de Enrique Dans figura no convenio, GC confirmou con este popular blogueiro que el non participou en ningunha das actuacións financiadas por ese acordo.

Os asistentes publicaron numerosos contidos da súa fin de semana nas Rías Baixas. Velaquí un dos Youtubes produto desta “acción de comunicación” protagonizados polo blogueiro Jimmy Pons:


Neste outro vídeo, un dos participantes presume de "haber comido como auténticos reyes, un marisco espectacular" e pernoctar nun hotel "de auténtico lujo":

None

 

Ademais de relatorios e visitas turísiticas, os nove afortunados desfrutaron dos productos galegos, como a queimada:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 140 comentarios

38 Enrique Dans

Con todo el respeto: yo no estuve en esa comida, ni participé en modo alguno en las actividades relacionadas. Durante el período de tiempo que tuvo lugar ese viaje, estuve en mi casa de Madrid. La información que hace referencia a mí en esta página es completamente falsa, induce evidentemente a confusión a sus lectores, y me gustaría solicitar su pronta rectificación. Saludos, Enrique Dans

1 lois

Pero ti non es asesor do goberno galego en materia de tecnoloxía??? pois vivindo en Madrid dubido moito que teñas moita idea do que pasa aquí. Estar estarías na túa casa non madriles, pero apareces referenciado en toda crónica que se fai do evento. Ti saberás a quen lle prestas o teu nome. Quen con nenos se deita, mollado se levanta.

2 Antonio

Enrique Dans é o lacaio-asesor do goberno de demolición que destruiu todos os logros do Bipartito en materia tecnolóxica. Pasamos de ser un referente en Europa a que se rían de nos. Non pasou nunca de ser un charlatán, normal que esta Xunta de mediocres o collese como asesor xunto a Dositeo Rodriguez, outro gran coñecedor da materia.

3 Manoliño

"Pasamos de ser un referente en Europa" xD Outro que non fixo autocrítica e está convencido que o pobo galego é imbécil e el e o seu repartito, uns premios Nobel que non son valorados como merecen, precisamente pola imbecilidade do pobo galego...

4 Enrique Dans

No, eso es un error. Una vez recibí una invitación para formar parte de un Observatorio, y por supuesto, acudí, como creo que haría cualquier persona a la que invitasen a algo así, aún sin haber contrapartida económica alguna. Por supuesto, se puede asesorar sin estar en el sitio, para eso sirven las tecnologías, y además, tengo casa en Coruña y voy constantemente. En ningún momento ha habido una labor de asesoría por mi parte a la Xunta, y de hecho, estoy completamente en desacuerdo con algunas de las decisiones tomadas en materia tecnológica, en particular en las relacionadas con la adopción de software propietario. Aquí, por lo que veo, da lo mismo todo: si no has estado en una mariscada, te ponen en ella y te insultan igual. Si no eres asesor de la Xunta ni lo has sido nunca, te convierten en ello y te insultan igual. En fin... pasa ti primeiro que a min dame a risa...

5 Pumuki

Referente en Europa de qué? Das romerías Pinheiro.quintanistas, do secuestro de vellos que creían que ían de excursión.

6 lois

manolito, isto era o que eramos: http://clasica.xornal.com/article.p... Agora choven as críticas dende todos os lados pola inoperancia desta Xunta. Manolito, fala do que sabes, se é que sabes de algo. Que pena das... debe ser difícil erguerse polas mañás con ese nivel de autoodio. A Enrique Dans: pois non sei se eres ou non asesor: por agora a única comunicación oficial é a da Xunta: http://imit.xunta.es/portal/actuali... que é de fai escasos meses. Quen minte, ti ou a Xunta? Como xa dixen, quen con nenos se deita, mollado se ergue. Por certo, a este paso e según ti, acabas aserorando ao goberno de Vietnam sen problemas, non? En que mundo de iousións vives? ou é simple charlatanería?

7 Manoliño

lois: que ninguén vos bota de menos ho, que todos somos necesarios e ninguén imprescindible. A ver se así o pillas: ninguén vos bota de menos, ninguén. De feito as enquisas din que a xente non vos quere, pero ti sigue dándote xabrón que eres e erades os mellores e fostes desaloxados do poder malia a non cometer erros, ningún. Parabéns XD

8 lois

Pumuki, convidote a repetir ata a saciedade as consignas que o voso dono-xefe da coz vos fixo aprender. Cada vez que un de vos volve sobre esas tolas, un xornal menos que o pseudoxornal ese vende; así lle vai, sen freos e ao tolo costa abaixo nas vendas, jajajajajjajajajajajajajajajaja

9 lois

manoliño, xa cho direi nas municipais, nin con todo o poder dos medios aos que comprades cos cartos públicos ides poder gobernar en nin unha soa cidade. Apsss, que enquisas, as que manexades e vos din o sopapo en Pontevedra? ou as da Coruña, as de Vigo? botar de menos? preguntallo aos pais que teñen aos fillos comendo nos bares, os libros de texto, as colas no médico, sen prazas nas garderías, nos centros de maiores, no afundimento do agro e gandeiría ou da pesca, e o longo etc de desgoberno. A quen botan de máis é a pailáns mediocres deste goberno e a lacaios coma ti ;)

10 Manoliño

loisiño: confundes os teus desexos coa realidade: "Todos os inquéritos dan por seguro -repetindo: seguro- que o PPdeG conquistará as alcaldías de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela; e que o BNG perderá a de Pontevedra" http://renovarobng.blogaliza.org/20... Os datos son de hai un mes. Resulta que o último barómetro do PRISA outorga a maior diferenza entre o PSOE e o PP da historia, pero en Galicia, porque ti o dis e o vales, vai ocorrer xusto o contrario ¿A quen queres enganar?

11 lois

Pois non sei chico, eu esperaría ás eleccións... pero xa che adianto: nos locais do PP están moi moi sustados. Os datos non dan, afundense na miseria... póñoche un exemplo: en compostela o PP tería que sacar 10 000 votos máis dos que ten para soñar conque algún día pode gobernar... en Pontevedra o telmo xa se afundiu el soíño. E ti cres que en vigo alguén vai botar a osixenada? quen soña cunha realidade paralela? e con propostas tan innovadoras comos as mariscadas estas que lles paga aos colegas, xa non che digo nada, hahahahahahaahahahaha

12 Abraiado

Señor Enrique Dans, aproveitando que vostede comenta neste post e vendo que fixo mención nunha conferencia á iniciativa do blogtrip Riasbaixas como caso de exito, ou polo menos as i se dí na web da iniciativa, gustariame realmente saber a sua opinión se a iniciativa pagou a pena tendo en conta os custes que supuxo. Moitas grazas por adiantado

13 Enrique Dans

#12: O tema pode estar interesante. O meu comentario na conferencia era de tendencias, non falaba de éxito. O éxito ten moitas métricas posibles. Deixame ver si teño material dabondo como para facer unha entrada, e si o vexo posible, a terei feita en cousa de unha semana...

14 Abraiado

Moitas grazas. Repasando o analise que se fai sobre a incidencia da iniciativa vexo cifras como ... "Según datos del último blogtrip de España, 1.828.019 personas fueron impactadas...... El Blogtrip Rías Baixas consiguió en sus primeras 24 horas un impacto en redes sociales cómo Twitter de más de 2.500.000 impresiones". Parecemme cifras excesivas. Ademais mencionan como referencia que se se busca "blogtrip Rias Baixas" en Google aparecen 800 ocurrencias. Eu acabo de buscar e ainda que Google me dí "Aproximadamente 12.600 resultados", realmente os resultados son 144 referencias desa frase. Podo entender que se esaxeren algo as cifras de eventos, pero cifrar en 480.000 euros o beneficio pareceme arriscado. O tema realmente me interesa, saber se é un bluff ou realmente unha boa iniciativa, e se se podia ter feito exactamente igual con moitos menos custos, tendo en conta que o PP chegou ao poder acusando de despilfarradores aos de antes. Un saúdo

15 lois

#13 pois como analices os datos tan ben como analizaches os de Mobuzz; que si que si, hai moita envexa...

37 Xandokas

71.800 € = 11.946.515 pesetas,.... incluídos señoritas e señoritos de compañía e barra libre en todos os lupanares das Rías Baixas!

1 Betty

xa se ve, que non tes nin idea do que dis...en fin!!!

36 Xan Acosta

Eu non vexo a Enrique Dans na lista de bloggers! Por certo, ¿Melchor Miralles a parte de estar nun canal TDT de dereitas (El Mundo) tamén ten blog? Seguramente é un tipo respetadísmo no que gastronomía e turismo se refire segundo o seu currículum.

1 calquera

Ten 7814 followers no seu Twitter

2 Enrique Castro

Sisisisis...Melchor Miralles tiene una cantidad indecente de followers gracias a http://conseguirfollowers.com/ Claro, barato, viral, merchandising...en conclusión que los "blogmariscadores" son la leche y la campaña ha resultado muy baratita.

35 Manoel Bello

Parabéns pola nova. Así está Galicia Confidencial a gañar a sua credibilidade.

34 andres

O peor de todo, é que se buscades na rede información da "acción publicitaria", o que se pode extraer é que se fala máis de que os blogueiros estes estiveron de farra e facían unha "crónica 2.0" que de promocionar as Rias Baixas; vamos, que poderían ter feito iso en calquera outro sitio do mundo que daría igual.

1 Alfonso García

O mesmiño, o mesmiño, que cando veu o Papa. Ese blogueiro si que saiu caro! O absurdo razonamento era que Santiago era o centro do mundo porque estaba alí o teócrata ese. E que quedaría na memoria da xente durante tempo... pois eu non teño nin idea dos outros sitios que visitou o teócrata do Vaticano estes anos. Será que só funciona en Santiago! Que Santiago (Rey) nos protexa!