71.800 € públicos nunha fin de semana turística de 9 blogueiros

"Marisco espectacular", hoteis de luxo e “algunha festa popular” entre os alicientes dunha “acción de comunicación” pagada pola Xunta e a Deputación de Pontevedra para promocionar as Rías Baixas nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 06/12/2010 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

Turgalicia e Turismo Rías Baixas acábanse de gastar 71.800 euros en que nove blogueiros especialistas en turismo “disfruten das excelencias da oferta turística de Pontevedra a través dunha ruta que mesture gastronomía, paisaxe, con algunha festa popular, evento o actividade rechamante que consiga impactar aos asistentes”, segundo figura no propio convenio polo que se pagou esta "viaxe de familirización". 

O primeiro ente, que depende da Xunta, invetiu 52.600 euros, e o segundo, da Deputación de Pontevedra, 19.200. 

O  convenio rubricado en outubro asegura que a Administración trataba de promocionar as  Rías Baixas a través entre “miles de seguidores (followers)” dos nove internautas nas redes sociais. Nunha innovadora estratexia de comunicación, estes nove profesionais, a cambio da fin de semana nas Rías Baixas, relataron a experiencia nos seus espazos web e no propio blog da “viaxe de familiarización”.

None

Incluíron o nome de Enrique Dans, que non participou

Entre os “profesionais de gran prestixio” que “desenrolan parte da súa actividade no mundo das novas tecnoloxías e con importante presenza activa en diferentes redes sociais (twiter, tuenti, blogs ...)” as administracións salientaron a presencia dos blogueiros Enrique Dans e Jimmy Pons. Malia que o nome de Enrique Dans figura no convenio, GC confirmou con este popular blogueiro que el non participou en ningunha das actuacións financiadas por ese acordo.

Os asistentes publicaron numerosos contidos da súa fin de semana nas Rías Baixas. Velaquí un dos Youtubes produto desta “acción de comunicación” protagonizados polo blogueiro Jimmy Pons:


Neste outro vídeo, un dos participantes presume de "haber comido como auténticos reyes, un marisco espectacular" e pernoctar nun hotel "de auténtico lujo":

None

 

Ademais de relatorios e visitas turísiticas, os nove afortunados desfrutaron dos productos galegos, como a queimada:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 140 comentarios

28 Lume

Non tedes mais que buscar "blogtrip rias baixas" en internet e aparecen miles de impactos. Ogallá se fixeran máis estas apostas. Hai que avanzar, amigos, os medios tradicionais quédanse cortos.

1 lois

Unha cousa é pensar que ao mellor o medio tradicional non cubre todo o amplo aspecto de deanda de información, e outro moi distinta, pensar que meter 71 000 ouros nunha festa privada de 9 tipos sexa algo a defender. O teu comentario é dun snobismo brutal.

2 Sebastiám

Sim, Lume, um argumento de peso... em concreto, 6.290 resultados no Google a esta hora, os mais deles repetidos ou como fonte na mesma página. Como exemplo, a "Associaçom Galega da Língua" tem mais de 170.000. Sem comentários. Por outra parte, áginas ligando para o blogue criado para a ocasiom: duas (Hosteltur.com e Webempresa20.com). Patético.

27 Rubido

A ver si aprendeis algo (tampoco digo mucho, un mínimo) de marketing viral. Esos 71.000 € van a a ser los mejor invertidos en el sector del turismo en los últimos tiempos. Hoy en día, que Gaby Castellanos, publique sus comentarios en twitter, supone que los lean 30.000 personas, por ejemplo. Y es sólo una de las bloggers que participó en la promoción. Ya les gustaría a muchos periódicos tradicionales y de internet tener 30.000 lectores.

1 Abraiado

Vale, enton quero deducir que o gasto non foi en invitalos, senon en pagarlles para que falen ben nos seus blogs, por que unha cousa é unha cousa e outra é outra. Non?. Por certo, os outrso non os coñezo, pero no caso de Melchor Miralles.... non controlo moito.... pero creo que a sua especialidade non é o turismo, non? a menos que se lle escollera por outros motivos e espero que non foran os ideolóxicos, algo no que si que se destaca este home, xa que creo que existen outros blogueros de esquerdas con mais seguidores en twitter, facebook, etc.. Pero se alguén mo explica, igual o entendo

2 Rubido

Jaja, me hace gracia... estás muy verde en esto. Decirle a un blogger que se le paga para que hable bien... se ve que no les conoces. Atrévete a plantearles eso y te sacarán los colores en sus blogs. Su credibilidad se la han ganado a pulso y no aceptan chantajes.

3 Abraiado

Pois log, que alguen diga canto se gastou en invitalos a comer, canto en invitalos a durmir, cantos en invitalos a beber (sexan mojitos, ou os caldos mais selectos), canto na web, cando en medios audiovisuais, e así todo queda limpiño e ninguen ven a darnos leccións aos ignorantes, que no sabemos ná de ná, é moi sinxeliño, non crés? , por que se non se lles paga... en comida, bebida e aloxamento para 9 persoas pareceme excesivo, caseque poderiamos consideralo unha chantaxe (e... Melchor Miralles que pinta no medio?)

4 Maricel

Sisi, e Ratzinger ía levar a Galicia centos de millóns de euros de riqueza. Cataluña pon anuncios publicitarios na BBC aqui en Londres que son vistos por máis de 50 millóns de persoas, e mentres o indigno goberno de Galicia paga 12 millóns de pesetas para que uns bloggers escriban 1 dia algo bo das Rías Baixas, porfavor!.

5 lois

vaia chorrada... a ver home, o impacto deses comentaristas sobre a opinión pública é mínima ou nula. O que dis, é como pensar que a enrique dans lle fai alguén caso.

6 Carlos

"Decirle a un blogger que se le paga para que hable bien... se ve que no les conoces..." é o que se fai todos os días; pagáselles para que escreban isto ou o outro. Caso máis claro, esta acción publicitaria. Ou seica pensas que se foran falar mal da experiencia, lles ían pagar a estancia a corpo de rei? Creo que o que non sabe moito do tema es ti, Rubido

7 Pere

Gaby es puro humo. ¿30000 personas siguen lo que dice? una cosa es que la sigan y otra que lean lo que pone, dos conceptos diferentes. 71.000 euros si es únicamente el evento son moitos cartos. Y otro de los asistentes puso que estaba en las Rías pero no dijo a lo que iba, lo que hacía así que no le dio la promoción esperada. Estas ideas son buenísimas, el dinero invertido puede ser suficiente, la repercusión y resultados obtenidos escasa. Estoy mucho en redes sociales y la primera noticia de la iniciativa es esta, eso es buenos fines, pero malos resultados. Quizá ha fallado la selección de la gente o a la hora de sincerarse y decirles que se les invita pero carallo, que hablen de lo bien que se está en Pontevedra ¿no?

26 Pedrafita

70.000 € es mucho para una campaña de promoción que todavía sigue en www.blogtripriasbaixas.com? Seguro que no diríais lo mismo si los de la Xunta y Diputación os pagaran eso para meter publicidad en esta web, verdad? Ahí estaríais calladitos y eso sí que sería dinero tirado.

1 Xermán Andrade

Cartos tirados axudar a un medio en galego? Que ides dicir! Se vos estorba o galego e se por vós fose prohibiríalo de novo, como fixo o voso líder espiritual, deus o teña alá moitos anos, Paco del Ferrol!

25 Sara

Ay, qué pena da todo. La mejor iniciativa de promoción del turismo de los últimos años, con diferencia, y ya os está faltando tiempo para torpedearla. Me recuerda a cuando los BNG querían parar las obras de la autopista A-9 porque se les cortaba la leche a las vacas. Gracias a iniciativas como esta, seguiremos subiendo puestos en el ranking de las zonas de España más visitadas. Y esto no lo digo yo, eh? Lo dicen los datos del INE. Listos, que sois unos listos.

1 Porco Jones

Sarita, a ver se podes dar algún dato que pareces estar enterada. Como dicía noutra intervención o gasto por "barba" é bastante alto, pero o que importa é a relación coste-beneficio da acción promotora. ¿Son estes blogueiros son xente reconhecida? ¿os seus blogs tenhen uma visivilidade importante? Pareceume entender no teu comentario que isto xa deu resultados ¿podes ser un pouco maís precisa para nos facer uma idea da efectividade da intervención? Obrigado de parte de todos...

2 Abraiado

Insisto... igual a iniciativa de invitar a úns blogueros non é mala, pero que sexan 9 e que os gastos foran de 72000 por unha fin de semana pareceme excesivo, a que se lles invitou?, se lles paga a eles directamente pola promocion?. Podiase ter feito o mesmo con menos cartos?, poderiase ter invitado a mais blogueros?... é tan simple como explicalo, non vale dicir aqui que "es la mejor iniciativa de....". Se é tan maravillosa, explicase e listo, pero non sirven frases rimbombantes e afirmacións absolutas, non cres?, por que dese tipo de afirmacións e frases con adxectivos absolutos xa sabemos como funcionan tan só con escoitar a COPE ou a Los Santos. Podes explicarnolo aos que somos ignorantes?

3 Sarita

Si queréis información, sólo tenéis que buscarla, que no es tan difícil. Tienen colgado todo en la web creada específicamente para esta promoción: http://www.blogtripriasbaixas.com/b... Los 70.000 € no se gastaron en un fin de semana, sino que se invirtieron en la creación de esa web, en la grabación de vídeos, en la emisión de streaming videos, en la organización del foro de Turismo posterior (en el que estuve, por cierto y fue muy interesante)... conoceis una promoción con mayor rentabilidad a ese precio?

4 abraiado

Sara, como ti mesma tamen verás, no blog (polo que vexo un Wordpress) non aparece o desglose de gastos que é o que estamos preguntando. Se os gastos son para o equipo de traballo de mantemento do blog, creación de medios audiovisuais no tempo, etc... pareceme ben. Como todo gasto público, haberá que presentar unha memoria xustificativa, o por que de escoller a esas persoas, os gastos das invitacións e o pago directo a estas persoas para que promocionen a iniciativa. Se todo esta xustificado non haberá problema, pero se ninguén sabe en que se gastou e se anda a dicir por aí que se lles invitou a estas 9 persoas e que quedaron encantadas... comprenderas que iso non soa moi ben, non?. E se a xente que os lé, decatase que lles pagaron por dicir que é todo bonito, pois... En fin, espero que resulte beneficioso para Galicia e que se xustifique ese gasto, daquela será unha boa iniciativa

5 Galego coma ti

Sarita, realmente cres que o feito de que 1 dia, 9 bloggers falen das Rías Baixas -unha ata dicia que en Oviedo (Galicia) se sentía como na casa-, vale realmente 70.000€?. É ridiculo. E máis ridiculo e quen crea que iso vai dar beneficios ás Rías Baixas, ¿¿¿como van vir os turistas a Galicia se o señor Feijoo nin quixo negociar con compañías como Ryanair, e só con Vueling -que casualmente é o señor Piquet do PP-???. Como van vir??? en bus!??

6 lois

Sarita Sarita, pa que te metes se non sabes... seguindo o que di Abraiado, a páxina usa un Wordpress, cun tema bastante chungo (por non dicir cutre salchicheiro), por certo, sen soporte multilingüe(en wordporess está tirado dar soporte), que se monta aproximadamente 15min (sisi, iso montase en 15min) e que non é accesíbel (ou sexa, pasase polo forro dos collós todo o traballo feito polo bipartito sobre o tema). Estasme dicindo que: esa cutrada de páxina, facer varios videos cunha cámara dixital domestica, un "encontro profesional turistico" do que ninguén oiu falar, e un "estreaming" (non sei sequera se sabes o que é), e obter este resultado (que paerece de autenticos afeccionados), valeu 72 000 ouros??? So hai que ver a imaxe que lle puxeron a un dos encherolas: http://www.blogtripriasbaixas.com/w... . Xa se ve a calidade do proxecto.

7 Katangueiro

Visto o visto no enlace que nos achega Sarita, abraia que algúns destes gurús teñan menos seguidores no facebook que o noso cutre e insurrecto blog....Ai, Sara...que isto non hai diola que o defenda!!!

24 Galego coma ti

Si si, isto igual que Ratinger, vai traer moitos miles e miles e miles de millóns de turistas a Galicia, ah! esquecíame, isto será a longo prazo, en realidade a moi longo prazo.., pero vamos que en 100-150 anos podemos chegar a esa cifra ou aproximarnos nun..10%. Con 71.800€ =12 millóns de pesetas, poñian as Rías Baixas nos principais turoperadores de Nova York, Londres, Paris ou Berlín, pero claro, moito mellor pagan a catro blogueiros, que despois din que en Galicia -en Oviedo concretamente!- hai unha xente espectacular. Porfavor!!!, Vaia panda de ineptos e derrochadores!!