71.800 € públicos nunha fin de semana turística de 9 blogueiros

"Marisco espectacular", hoteis de luxo e “algunha festa popular” entre os alicientes dunha “acción de comunicación” pagada pola Xunta e a Deputación de Pontevedra para promocionar as Rías Baixas nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 06/12/2010 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

Turgalicia e Turismo Rías Baixas acábanse de gastar 71.800 euros en que nove blogueiros especialistas en turismo “disfruten das excelencias da oferta turística de Pontevedra a través dunha ruta que mesture gastronomía, paisaxe, con algunha festa popular, evento o actividade rechamante que consiga impactar aos asistentes”, segundo figura no propio convenio polo que se pagou esta "viaxe de familirización". 

O primeiro ente, que depende da Xunta, invetiu 52.600 euros, e o segundo, da Deputación de Pontevedra, 19.200. 

O  convenio rubricado en outubro asegura que a Administración trataba de promocionar as  Rías Baixas a través entre “miles de seguidores (followers)” dos nove internautas nas redes sociais. Nunha innovadora estratexia de comunicación, estes nove profesionais, a cambio da fin de semana nas Rías Baixas, relataron a experiencia nos seus espazos web e no propio blog da “viaxe de familiarización”.

None

Incluíron o nome de Enrique Dans, que non participou

Entre os “profesionais de gran prestixio” que “desenrolan parte da súa actividade no mundo das novas tecnoloxías e con importante presenza activa en diferentes redes sociais (twiter, tuenti, blogs ...)” as administracións salientaron a presencia dos blogueiros Enrique Dans e Jimmy Pons. Malia que o nome de Enrique Dans figura no convenio, GC confirmou con este popular blogueiro que el non participou en ningunha das actuacións financiadas por ese acordo.

Os asistentes publicaron numerosos contidos da súa fin de semana nas Rías Baixas. Velaquí un dos Youtubes produto desta “acción de comunicación” protagonizados polo blogueiro Jimmy Pons:


Neste outro vídeo, un dos participantes presume de "haber comido como auténticos reyes, un marisco espectacular" e pernoctar nun hotel "de auténtico lujo":

None

 

Ademais de relatorios e visitas turísiticas, os nove afortunados desfrutaron dos productos galegos, como a queimada:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 140 comentarios

23 Abraiado

Pareceme moi, moi excesivo ese gasto para tan poucas persoas en tan poucos dias, os responsables dese gasto deberian presentar todas as facturas, e xustificar o por que se gastou iso en tan só 9 persoas, e non en 20 por exemplo, por que con eses cartos creo que podian invitar a úns cantos mais de 9.. Tendo en conta que se hai establecementos que consideran ese tipo de promoción algo válido, supoño que lles farian unha rebaixa no prezo do aloxamento, comida, etc.. a cambio de que promocionase o seu establecemento ou zona... non sei, alguén que saiba de que vai isto que o explique moi clariño, xa que iso de dicir que esta megaguai para a promoción, por que si, non vale para explicarllo a persoas cun minimo de sentido común

1 Porco Jones

Pois toca a maís de 7.977 EUR ou 1.327.000 pesetas por barba e finde...mimá!, non sei como non touparon coa enchenta!

22 Benjamin Verissimo

Ojalá en Asturias llevasen a cabo inciativas como esta que estáis criticando. Aquí ya ni aparecemos ni en el mapa de turismo.

1 Porco Jones

Benjamin, non sei o que fai o governo asturiano en temas de promoción , de momento as costas astures están ben melhor que as nosas. Non sei se tes ido por San Cosme de Barreiros, na Marinha luguesa. Ises mamotretos a 20 metros do mar non se ven en Asturias...

2 xoan

subscribo o de Porco Jones: da gusto ver o ben coidada que está toda a terra asturiana.

3 Mncho

Certo. Asturias é unha gozada da que podiamos aprender moito, se estivésemos a tempo

21 Lara Rubido

Este artículoes un claro intento de manipular una inciativa para atraer turismo que está a la vanguardia de lo que se está haciendo desde las administraciones. No se trata de un fin de semana de unos blogeros sino que es una inciativa dispuesta a perdurar en el tiempo a través de la red que ya ha tenido más de tres millones de impactos entre internautas.

1 antón

é tan vangardista que se pasa de moderno... hai que ser retorcido e mala persoa para xustificar algo que non vai máis aló de darlle de comer a catro tipos para que escriban nos seus blogues...como xa dixo alguén, pailanada, e das grandes.

2 Abraiado

Home Lara... independentemente que sexas do PP ou non... gastar 72000 euros en tan só 9 persoas e só en 3 dias, non parece moi razoable non?. Sobre todo despois do pitoste que montou o PP e todos os seus medios de comunicación por invitar a 400 persoas o bipartito por 1600 euros. Creo que 72000 euros para 9 persoas por 3 dias parece moi, moi excesivo, non sei ao que lles invitarón, pero joder!!!

20 pejigo

vaia, por fin unha iniciativa de calado en materia turística, toda a prensa mundial faise eco dela, como se nota que o conselleiro aprendeu moito en Niu Yolk. Tivo tanta repercusión que eu entereime por GC, será porque non navego... seguro que Amancio enterouse antes ca min, el si navega (x iate non será)

1 Groucho

Pois a iso chámolle eu estar "na pola". Porque se non te enteraste desto, estás bastante perdido. Hai que navegar máis e ler outras cousas que GC, que hainas ben interesantes.

19 Un vigues

E postos a investigar... Por que non investigades en que fundiron no Concello de Vigo os 6.000.000 de euros do orzamento municipal para potenciar o comercio e o turismo na cidade? 

1 Rayleigh

Home, podemos empezar polo 1,5 m € que foi dado por ING para patrocinio da Copa do Mundo de Vela, que aínda o estamos buscando por que non aparece por ningures. Un evento cunha proxección que unha rubia co cerebro oxixenado, deixou que se levara a fama, Sanxenxo. Sabes de que te falo, non vigués? Podemos empezar por ahí non?