O Concello de Santiago demanda a Carmen Franco pola propiedade “ilegal” das estatuas do Mestre Mateo

O Goberno de Compostela pretende así recuperar a titularidade das estatuas de Abraham e Isaac.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2017 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago presentou este xoves unha demanda contra Carmen Franco, filla do ditador fascista, pola propiedade "irregular ou ilegal" das estatuas de Abraham e Isaac do Mestre Mateo.

Copia do expediente de propiedade das esculturas do Mestre Mateo
Copia do expediente de propiedade das esculturas do Mestre Mateo

O alcalde compostelán, Martiño Noriega explicou que esta decisión se tomou despois do requirimento que se fixo á familia Franco e após o acordo de xunta de goberno de iniciar a acción xudicial.

Trátase dunha demanda pola vía civil e é "unha acción reivindicativa" polo que o Consistorio entende que "é unha propiedade irregular ou ilegal da familia Franco respecto de dúas pezas do Mestre Mateo".

A súa presentación en Madrid pola vía civil débese a que "é alí onde ten a residencia a filla de Franco, e por tanto é así como se ten que facer".

"O xuízo vaise a celebrar en Madrid e nós entendemos que a demanda está sustanciada nunha demostración absoluta da propiedade das pezas por parte do Concello, do feito de que en ningún momento existiu ningún tipo de acordo de cesión á familia Franco, nin institucional nin legal", expuxo Noriega.

Neste sentido, destacou que "forman parte do patrimonio público e do patrimonio histórico artístico do Estado e que, por tanto, teñen que regresar á súa cidade para goce de todos os galegos e todos os visitantes que veñan a Santiago".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 mirakitikuento

Payasadas para desviar la atención de lo mal que lo hace Martiño y sus chicos. El art. 1955 del Código Civil existe y no se puede obviar. Por otra parte a la altura de 1955 (sí, se repite el numerito) consta que fueron desafectadas, no así una escultura de un caballero sedente adquirida en el mismo lote al Excmo. Sr. Conde de Gimonde, pieza que se encontraba en la Alameda junto al Pombal y de la que, a diferencia de las piezas propiedad de la Familia Franco, hoy no se conoce su paradero...

1 NACIONATA DO POBO

SACRILEGOS E LADROECIOS, asi e todo o dereitismo palurdo e expañolento, tamen fixeron o paleto co libro sagrado do calixtino incluso estaba tirado nun caldeiro cheo de grasa e trapos no sotarego do electricista campuzano o mellor xa venderon a pepeiros e demais tropa indecente, non non ides alcanzar o ceo, SACRILEGOS!!!! - MIRA QUE FOTOS MAIS BONITAS ALCALDUCHO MAREADO E NUGALLEIRO golfiño de santiAGE de componendas - GALEGO SOAMENTE O BLOQUE CHE SALVA - https://www.facebook.com/obloque/po...