Traballadores de Povisa ocupan o Sergas en Vigo para denunciar falta de persoal

Membros do comité de empresa denuncian tamén falta de resposta do organismo aos escritos que remitiron hai un mes para trasladar esta situación e informar as súas consecuencias "negativas".

Por E.P. | VIGO | 24/11/2017 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Membros do comité de empresa do Hospital Povisa ocuparon este venres as dependencias administrativas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en Vigo para denunciar "a escaseza de persoal" no centro sanitario e a falta de resposta do organismo aos escritos que remitiron hai un mes para trasladar esta situación e informar as súas consecuencias "negativas".

Traballadores de Povisa ocupan o Sergas durante dúas horas
Traballadores de Povisa ocupan o Sergas durante dúas horas | Fonte: Europa Press

Entre as 11,00 e as 13,00 horas deste venres, estes traballadores permaneceron no interior do edificio, onde cantaron consignas como 'Povisa culpable, Sergas responsable' e 'En Povisa, falta persoal'; e onde mostraron a pancarta 'Polo mantemento dos postos de traballo. Povisa/Sergas solución".

Durante a protesta solicitaron reunirse cos responsables autonómicos, pero non o conseguiron "por que supostamente ningún deles se atopaba neses momentos no edificio", comunicou a CIG, que avanzou que os traballadores prevén iniciar novas mobilizacións nos próximos días e ata que o Sergas lles responda.

O persoal denuncia que "a escaseza" de empregados, as "reducións de xornada" e o "establecemento dunhas horas mortas na que se reducen" os traballadores, está a provocar "incidencias en todas as plantas do centro e afecta negativamente á atención sanitaria".

"Danse casos nos que unha soa persoa ten que atender dous controis e facer cambios posturales, que ás veces quedan sen facer; departamentos como o de queimados contan cun único enfermeiro por quenda; e en urxencias hai un celador". "Insuficiente para atender o traballo", denuncian.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cheliño Malvido

Do que se trata , por un lado, é de que lle aumenten o Concerto de 70 millóns de euros a POVISA, e por outro a ver se se poden colar, pola cara, no SERGAS