Galicia rexistra o seu terceiro día de choivas cos valores máis altos no sur de Pontevedra

A Comunidade galega rexistra o seu terceiro día consecutivo de choivas, pero esta fin de semana irase recuperando a influencia do anticiclón, polo que, por agora, non son suficientes as precipitacións para paliar a seca xa provocou restricións e que, de maneira singular, ten consecuencias no sur da provincia de Pontevedra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2017 | Actualizada ás 19:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Comunidade galega rexistra o seu terceiro día consecutivo de choivas, pero esta fin de semana irase recuperando a influencia do anticiclón, polo que, por agora, non son suficientes as precipitacións para paliar a seca xa provocou restricións e que, de maneira singular, ten consecuencias no sur da provincia de Pontevedra.

Temporal en Santiago, choiva, temporal, paraugas, vento
Temporal en Santiago, choiva, temporal, paraugas, vento | Fonte: Europa Press

Precisamente, os valores máis altos de precipitacións rexistrados este venres foron nesa zona. Así, nas estacións de Meteogalicia que se atopan por baixo dos 900 metros, as de Tui, Oia, O Rosal e Arbo son as que maiores valores de auga acumulada rexistraron. A estas estacións, hai que sumar a ourensá de Entrimo.

Concretamente, a estación do Monte Aloia, en Tui, rexistrou 37,1 litros por metro cadrado, o acumulado máis alto na xornada deste venres en Galicia. Castro Vilacudo, en Oia, sumou 33,9 litros por metro cadrado; As Eiras, no Rosal, 31,6 litros por metro cadrado; Cequeliños, en Arbo, 28,6 litros por metro cadrado; e Entrimo, 27,5 litros por metro cadrado.

Se saltamos ás estacións por encima dos 900 metros, Xurés, en Muíños (Ourense), rexistrou 26,1 litros por metro cadrado, o valor acumulado máis alto. Ademais, no Alto do Rodicio, en Maceda (Ourense), contabilizáronse 24,3 litros por metro cadrado; e en San Xoán de Río, no municipio ourensán de mesmo nome, foron 20,3 litros por metro cadrado.

Pola súa banda, no Invernadeiro, municipio de Vilariño de Conso, rexistráronse acumulados de 19,6 litros por metro cadrado; e no Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro (Lugo), un total de 19,3 litros por metro cadrado.

Estes foron os valores extremos recompilados este venres por Meteogalicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente, nunha xornada na que o refacho máis alto 76,2 quilómetros por hora, fronte aos máis de 140 quilómetros hora rexistrados o pasado mércores, en plena alerta meteorolóxica.

"MÁIS CONTINUIDADE DE CHOIVA"

Esta semana, o día de maiores precipitacións --o mércores-- rexistráronse 39,6 litros por metro cadrado acumulados en Lousame (A Coruña) e 33,1 en Cabo Udra (Pontevedra). Por baixo dos 30 litros, pero preto deste dato, as estacións de Fornelos de Montes e de Areeiro, en Pontevedra, alcanzaron os 29,8 e os 28,5 litros por metro cadrado, e Ordes (A Coruña) acumulou 28.

Fontes da Consellería de Medio Ambiente explicaron en días pasados a Europa Press que é necesario que chova "con continuidade e constancia", aínda que as choivas da segunda metade da xornada do mércores e da madrugada do xoves deixaron cantidades "significativas", con máis precipitación en Pontevedra e o sur da Coruña e menos no sueste de Ourense, conforme avanzou a fronte.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta