Temas: PSOE FRANQUISMO

O PSOE pedirá a prohibición de fundacións que enaltezan o fascismo, como a Fundación Franco

O PSOE avanzou que presentarán unha proposta para prohibir as fundacións ou entidades que enaltezan o fascismo e "a memoria da sinistra ditadura que viviu España".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2017 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O PSOE avanzou que presentarán unha proposta para prohibir as fundacións ou entidades que enaltezan o fascismo e "a memoria da sinistra ditadura que viviu España". Diso informaron o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o secretario de xustiza do PSOE, Andrés Perelló, nunha comparecencia de prensa celebrada este sábado.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás | Fonte: Europa Press

Así, os socialistas apostan por crear un "novo marco" que "poña fin" a aquelas entidades que "teñen como finalidade promover ditadores ou dirixentes que restrinxiron liberdades políticas e económicas".

Deste xeito, a proposta afectaría tamén as fundacións "xa constituídas" como a Fundación Nacional Francisco Franco. Perelló indicou que, a diferenza de Alemaña, onde o enaltecemento do nazismo "está tipificado no código penal", en España "non só non está tipificado", senón que estas entides "fináncianse con diñeiro público".

"A democracia pode soportar calquera cousa, menos financiar a aqueles que queren acabar con ela", expresou Perelló, para o que é necesario crear "un novo marco político" en España adaptado "ao século XXI".

O responsable de xustiza do PSOE a nivel federal atópase en Galicia esta fin de semana, onde mantivo encontros con varias agrupacións, ás que trasladou as propostas socialistas para a reformulación do "marco de liberdades" actual.

Entre estas propostas, ademais da mencionada ilegalización de fundacións que enaltezan o fascismo, inclúense medidas como o dereito á "morte digna" ou a introdución de cláusulas de transparencia "como elemento de control xudicial" para os contratos de bancos e empresas.

Temas: PSOE FRANQUISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Él País

O PSOE o que ten é que dar contas de toda a corrupción que ten en Andalucía e logo explicar a hipocresía de ir da man dos falangistas para defender a unidade española e agora pedir a ilegalización da Fundación Franco, que me troncho

1 Rgjky

Vale, se constituyen en partido y este si q no se puede prohibir. Si es q estos hijos d jerarcas franquistas son unos cracks... A estas alturas con leyes de excepción...