Temas: BIERZO SANABRIA

O galego aumenta no Bierzo e na Seabra, en territorios do antigo Reino de Galicia

A aprendizaxe desta lingua increméntase en máis dun cento de alumnos e xa supera os 1.100 estudantes. Oito mestres e catro profesores son os que imparten galego nos 19 centros adscritos.

Por Galicia Confidencial | Bierzo | 29/11/2017 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

1.101. Ese é o número de estudantes que decidiron aprender a lingua dos seus antepasados nas comarcas do Bierzo e na Seabra (Sanabria), territorios que pertenceron ao antigo Reino de Galicia e nos que aínda se fala o galego, especialmente, nas súas zonas occidentais.

Unha profesora durante unha clase de galego Clase de galego no bierzo
Unha profesora durante unha clase de galego Clase de galego no bierzo

A comisión de seguimento do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e na Seabra, asinado polos gobernos galego e castelán leonés no ano 2001, deu conta esta semana nunha xuntanza en Santiago dun incremento de máis dun cento de alumnos e alumnas en centros de ensino infantil e primario de León e Zamora neste curso escolar 2017-2018.

Da docencia do galego nestas zonas estremeiras ocúpanse oito mestres e catro profesores que imparten aulas nos 19 centros adscritos, dos cales catorce son CEIP ou CRA, catro IES e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. 88 alumnos e alumnas pertencen ao CRA Cubillos del Sil de León, que se incorpora este curso ao programa.

1101 estudantes en 19 centros de ensino

O alumnado que segue o programa distribúese, no caso dos centros de infantil e primaria, en León, CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos, CEIP San Ildefonso de Camponaraya, CRA de Carucedo, CRA Jimena Muñiz de Corullón, CRA Cubillos del Sil, CEIP Compostilla de Ponferrada, CEIP Jesús Maestro de Ponferrada, CEIP Virgen del Carmen-La Placa de Ponferrada, CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada, CRA del Puente de Domingo Flórez, CEIP Mª Luisa Ucieda de Toral de los Vados, CEIP de Toral de Merayo e CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca; e, en Zamora, CEIP Tuela-Bibey de Lubián. En total, 898 estudantes.

Aldea de Suarbol, na vertente do Bierzo dos Ancares
Aldea de Suarbol, na vertente do Bierzo dos Ancares | Fonte: druidabruxux flickr

Canto aos IES adscritos ao programa, estes son o Bergidum Flavium de Cacabelos, o Padre Sarmiento de Vilafranca do Bierzo e os ponferradinos Europa e Virgen de la Encina, con 152 estudantes. Na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada estudan galego no ano académico en curso 44 alumnos e alumnas nos catro niveis que se ofertan

Novas iniciativas de dinamización lingüística

Segundo destaca a Xunta, ambos os dous gobernos amosaron a súa satisfacción pola boa acollida do programa e ratificaron a súa colaboración para reforzalo con novas iniciativas de dinamización lingüística que redunden, a través de actividades específicas, exposicións ou outras, nun maior achegamento do alumnado á lingua e á cultura galegas, así como na incorporación de novos centros de ensino ao devandito programa.

Na xuntanza de seguimento participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a subdirectora xeral deste departamento, María Lourdes Batán; o director xeral de Recursos Humanos da Junta, Jesús Manuel Hurtado; e a xefa de Servizo de Educación Infantil, Básica e Bacharelato da Dirección Xeral de Política Educativa e Escolar, Marta Piñeiro Ruiz. Por primeira vez, a reunión contou con dous representantes do Consello Comarcal do Bierzo, Gerardo Álvarez e Iván Alonso.

Valentín García con alumnos de galego do Bierzo e Seabra durante a celebración do Día do Galego
Valentín García con alumnos de galego do Bierzo e Seabra durante a celebración do Día do Galego | Fonte: xunta.gal
Temas: BIERZO SANABRIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

6 nostrus

Si seguimos o argumentario de anonimo poderiamos chegar a conclusion que no rural hai que potenciar o castelan, habida conta de que a sua presencia é moitisimo menor ca do galego. Pero supoño que non lle valerá este argumento porque a sua fe e o seu instinto esta pola lingua galega, de igual modo que outros teñen a sua fe e a sua devocion polo Barça ou a Virxe do Carme. Pola miña parte eu son partidario da liberdade lingüistica para que cada cidadan use a lingua que lle pete, agás para actos oficiais, que nese caso deberá usar unha lingua oficial no territorio onde se atope.

1 teutonio

Está o castelán minorizado no rural galego?, é unha lingua vista como menos presitxiosa polos cidadáns do rural?, os seus falantes non poden acceder a servizos ou produtos nesa lingua?, sufren prexuízos e marcas negativas por falar o seu idioma?, a situación sociolingüística fai que muden de idioma segundo o contexto ou actividade ou que incluso non lla transmitan aos descendentes?, está o seu castelán hibridizado con centos de palabras, expresións e formas gramaticais galegas?. Ai nostrus, deixa de facer comparacións estúpidas ho!

5 undecompostela

a verdade da gusto, ver como se promociona a lingua nestes lugares. Non como na propia galiza na que, aparte da falta de amos propio pola terra incluso poderiamos falar da renegación da mesama, non se fai mais que agredir a lingua e galegofalantes por parte dos españolitos que non queren imposición cando son eles os que impoñen por todos lados. Que banda pena dan

4 Berros galegos

Me parece muy bien si se hace sin oposición, sin trinque de subvenciones y sin fanáticos cigosos por el medio pendientes de su bolsillo.

3 Fartodalingua

¿Pero tú qué pretendes Anónimo? ¿Entrar en un comercio o en un bar y decirle al dueño que tiene que hablarte en gallego? ¿Imaginas que el dueño te pidiese que te dirigieses a él en español? Anda, no seas cazurro y respeta el derecho de las personas a expresarse en la lengua oficial que desee. Si yo fuese el dueño de ese bar o comercio y me viniese un tipo con esa demanda...

1 anonimo

Non. Eu non pretendo nada. Eu so consumo onde me tratan ben. Por suposto o dono do bar e libre de falar no que queira e eu de non entrar. De feito chamase oferta e demanda. Chegariame con que falase no que lle petase pero non apoiara aos que me acusan de impoñedora da miña lingua. De iso falaba non da lingua que use.

2 anonimo

Non te vexo eu a ti capaz de ser emprendedor para abrir nada. Se o foses non escribirias o que acabas de escribir inda que o pensases. A pela e a pela. Eu referiame a que vou moito menos as cidades nas que hai un apoio grande aos que me acusaron de impoñer a miña lingua porque non me sinto comoda con xente que me ve coma unha inimiga por falar a lingua dos meus pais. E se non vou non consumo. Entendes eche so capitalismo. Deberias sabelo.

3 anonimo

Creo que os galegos non deberian apoiar co seu voto a quen nos divide e busca polemicas coa lingua.

4 anonimo

E por certo, o teu non é argumentar... Dásme varias oportunidades de contraargumentar co teu visceral alegato antigalego. Ou tratábase doutra cousa? Por certo, prégoche que como defensor do castelán que dis ser leas isto e nos axudes aos que tentamos dalgunha maneira, aínda que só sexa difundindo novas, loitar pola súa persistencia en USA: http://www.univision.com/noticias/c... Por certo, sóache o fenómeno que se está a dar? Chámase diglosia e os galegos sabemos moito disto.

5 anonimo

Pero dáme que ti se estiveses no caso dos mociños hispanos non defenderías a túa ingua nai senón a outra, a que percibirías coma máis importante. Non é un caso de linguas porque eu son bilingüe e amo as miñas dúas linguas, aínda que defenda medidas para garantizar un verdadeiro bilingǘismo que pasa por protexer ao galego. Fágoo aquí e faríao en USA malia que non fose hispanofalante.... Pero, e ti? Realmente farías o mesmo? Ou tamén alí estarías na miña contra.

6 LUISFERROLANDEPISCO

Notase que esta Vd. farto e odia a lingua.....cecais reflexo de algún complexo . pero home como taberneiro debes saber que a máxima do negocio está en saber que lingua teN que falar , según sexa , para cobrar òu pagar .Estes falantes das terras limítrofes son en verdade xente libre co complexo de jañán patrio.

2 anonimo

Pois había que mirar de levalos a algunha cidade galega... A ver se convencen aos seus habitantes de que, cando menos os consumidores temos dereito a ser atendidos na nosa lingua... E nun galego intelixible. Evidentemente isto implicaría unha maior presenza non ensino Eu, de feito cada día compro máis por internet, entre outros motivos por este: o da negativa a falarme na miña lingua en numerosos establecementos... Evos o que hai...

1 anonimo

E se non vos gusta, a min tampouco que me acusedes de impoñer a miña lingua. De feito, non penso esquecelo nunca.

2 A Chorona

De feito, se non fose por estas actitudes belixerantes en contra da miña lingua, a min daríame igual... Coma se me atenden en inglés... Creo que xa está ben de tanto laiar.

3 A Chorona

E son unha firme defensora do comercio de proximidade... Pero que me acusen de impoñedora da lingua dos meus pais... Por iso, non paso... E por certo, algún día se escribirá sobre este tema e ata se farán teses de doutoramento... Creo que o mundo avanza cara o respecto á diversidade e á pluralidade, mal que lles pese a moitos que esconden o seu conservadurismo rancio e decimonónico baixo unha moi superficial capa de modelnidade que xa comeza a esvaer... Pero, sempre se está a tempo de cambiar... Eu coma Bowie son unha absolute beginner. https://www.youtube.com/watch?v=r8N...