Os grandes ausentes dos premios de La Voz de Galicia

Santiago Rey, propietario do xornal coruñés, aproveitou os premios Fernández Latorre para facer unha pechada defensa da españolidade de Cataluña e defender o papel de Mariano Rajoy, que exerceu tamén de mestre de cerimonias. Un discurso no que atacou os nacionalismos e as forzas emerxentes e que tiveron que escoitar os líderes de En Marea e do BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/11/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Martiño Noriega, Jorge Suárez e José Manuel Baltar. Foron as principais ausencias dos premios Fernández Latorre, uns premios que, ano tras ano, son unha mostra da exhaltación e do poder que La Voz de Galicia quere ter en Galicia... e máis alá dela.

José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey
José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey | Fonte: lamoncloa.es

E o certo é que Santiago Rey, o editor deste medio coruñés, conseguiu xuntar na Coruña ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, ao de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a unha nutrida representación da política e da grande empresa de Galicia. Pero, houbo ausencias destacables que, obviamente, non foron pasadas por alto polo propio xornal.

Unha delas, a do rexedor de Ferrol, provocou que un día despois tivera que aturar unha dura crónica nas páxinas deste medio en relación a situación que se vive neste concello. Críticas que tamén reciben, a miúdo, o alcalde de Santiago e o presidente da Deputación de Ourense, que tampouco estiveron na festa de Santiago Rey.

Segundo as fontes consultadas por este medio, Martiño Noriega e Jorge Suárez decidiron non asistir "como xa veñen facendo desde que tomaron posesión das súas respectivas alcaldías". "Non hai nada novo nisto", limitaronse a apuntar. Pola súa banda, desde a Deputación de Ourense suliñan que Baltar non acudiu porque "á mesma hora presentaba ao convidado do Foro La Región e, polo tanto, non podía estar nos dous sitios". La Región é o principal medio da provincia de Ourense e nos últimos meses tivo un forte enfrontamento mediatico con La Voz de Galicia tras publicar este os millóns destinados pola deputación para mercar os fondos do xornal ourensán.

PRESENZAS DESTACADAS

Pero a esta celebración non faltaron os rexedores socialistas de Lugo e Vigo, Lara Méndez e Abel Caballero; o de Ourense, o popular Jesús Vázquez; o de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores e o da Coruña, Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, cuxa xestión, curiosamente, é duramente criticada polo xornal coruñés. Tamén estiveron os líderes do PSdeG, Gonzalo Caballero; de En Marea, Luís Villares; do BNG, Ana Belén Pontón e de Podemos, Carmen Santos.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

E foi, sobre todo contra estes tres últimos contra os que se dirixiu boa parte do discurso que Santiago Rey fixo durante a entrega do premio a María Emilia Casas, a primeira presidenta do Tribunal Constitucional. Unha elección, a desta constitucionalista, que lle serviu ao propietario da Voz para facer unha encendida defensa da españolidade de Cataluña e da xestión do goberno de Mariano Rajoy, tamén moi presente no acto.

"Y me alegro de compartir esta celebración con el Presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, que ha venido a demostrar que la prudencia es sabia si se une a la determinación, la valentía y los principios. Su decisión de cortar toda posibilidad de acción de los rebeldes a las pocas horas de que consumasen su delito, junto con la convocatoria de elecciones en el plazo más breve posible, han tenido como consecuencia inmediata la fractura de los secesionistas, el rearme moral de los que creemos en España y el unánime reconocimiento internacional a nuestra democracia y a nuestro Estado de derecho", dixo en defensa do presidente español.

Moi crítico amosouse cos grupos nacionalistas e con outros como Podemos. "Para que todo esto fuese posible, justo es reconocer el consenso, en este caso sin fisuras, de los principales partidos de la oposición. Y lamentar también la equivocada posición de quienes se presentan como nuevos actores de la política utópica, pero actúan con el peor instinto destructivo. Tal deslealtad no puede empañar el triunfo colectivo", engadiu.

As súas palabras foron moi semellantes ás pronunciadas por Mariano Rajoy, quen tamén defendeu o seu papel na crise catalá e fixo un chamamento á unidade de Esapaña nestes "duros momentos".

CRÍTICAS NO NACIONALISMO E NA ESQUERDA

Estes discursos provocaron xa duras críticas internas entre sectores de En Marea e do BNG. Fontes de Anova, consultadas por GC, e a única gran formación nacionalista que non tivo ningún representante na entrega destes premios --Martiño Noriega é militante deste partido e tamén Xosé Manuel Beiras que se negou a asistir a estes actos--, criticaron tanto a presenza de Villares como a de Carmen Santos "nun acto fondamente político" e contrario aos principios deste movemento político.

Tamén militantes do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), formación minoritaria do BNG, denunciaron a presenza de altos cargos do Bloque --Ana Pontón e Miguel Anxo Fernández Lores, que tamén son militantes da UPG-- "nunha festa de exhaltación do españolismo".

Máis alá foron partidos independentistas como Agora Galiza que cualificou de "infamia" a presenza de dirixentes de En Marea, Podemos e do BNG neste acto. "Como poden Luís Villares, Carmen Santos e Ana Pontón, así como Xulio Ferreiro e Miguel Anxo Fernández Lores, entre outros, compartilhar espaços e militares do regime do 78 que afirman querer superar?... É um insulto ao povo trabalhador, ao povo empobrecido da Galiza, que a Marea, Podemos e o BNG, assistam a este obsceno ritual endogámico da oligarquia, dos inimigos declarados da causa opeária e popular, dos responsáveis da nossa pobreza e falta de perspectivas", indicou nun comunicado.

Tampouco estivo no acto do xornal coruñés ningún representante de Esquerda Unida. Precisamente, o rexedor de Ferrol é tamén militante desta formación.

OUTRAS GRANDES AUSENCIAS

Na entrega de premios Fernández Latorre tamén houbo outras ausencias destacadas. Estiveron os representantes dos principais poderes económicos de Galicia, pero con sede na coruña, como Inditex, Abanca, Gadisa ou Estrella Galicia, pero faltaron outros grandes poderes económicos, sobre todo, do sur do país. Foi escasa a presenza dos grandes empresarios de Vigo, Pontevedra, de Ourense, e mesmo de Lugo.

Tamén chamou a atención a presencia e a ausencia de conselleiros. Estiveron case todos pero faltaron, os de Cultura, Román Rodríguez; Mar, Rosa Quintana e Medio Rural, Ángeles Vázquez. Precisamente, estas dúas, representantes dos sectores primarios, sectores que representaron e aínda representan parte do motor económico de Galicia, dunha Galicia rural que tampouco tivo presencia na festa de Santiago Rey.

Xoaquín Fernández Leiceaga, Luís Villares e Ana Belén Pontón
Xoaquín Fernández Leiceaga, Luís Villares e Ana Belén Pontón
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

12 Braisiño

Santiago Rey, é o virrey de Galicia, nunca mellor dito. No hai quen lle tusa. Diante del axenonlláronse Albores, Fragas, Touriños, Quintanas, Feijoos, bipartitos e monopartitos. Fai e desfai no DOGA. É o Rei das subvencións de diñeiro público desde sempre. Inagúraronlle rotativas do trinque os políticos galegos. A "Voz" é como o "Arriba" galaico. Mesnadas de "insignes" comentaristas asolágannos con pesadez e insistencia en BUCLE contra Sánchez, Iglesias, Podemos, Iglesias, Sánchez, nacionalismos, esquerdismos perigosos. Unha e outra vez, ...... unha e outra vez os Barreiros, Blancos Valdeses, Bareños, Sampedros, Clementes, Caneiros, Pernas, etc.... opinadores que teñen todos en común: NEN UNHA SOA VEZ, EN ANOS DE ARTIGOS, FORON QUEN DE NIN SEQUERA NOMEAR A CORRUPCIÖN PEPERA. PPalanganeros de profesión. ¡¡ Pobre Galicia !! Anos e anos de gobernos ppepeiros e seguimos no cú de España e na cola de Europa. ¿Temos o que merecemos? Creo que sí.

1 carla

Moi ben resumido. Lamentablemente así é.

2 Fernando V.

Mallado.

11 urco

O dos supremacistas espanhóis na Galiza é grande. Alporizam-se polo "adoctrinamento" em Catalunha por TV3 (quando ali si há meios de diversas ideologias na prensa), e sem nengum rubor calam perante o sectarismo da TVG e de TODA (viva a democracia) a prensa escrita editada no país que sobrevive polas subvençons que malversa Frijol cos quartos públicos. Que tragadeiras!

10 bonburen

Por parte de Vigo so estiveron o presidente de PSA en Vigo, a presidenta de Zona Franca, o presidente de Pescanova, o presidente do Celta e o alcalde de Vigo. Pero nada, non estivo ninguén desa cidade como di GC...

1 Arquetipo

Faltaba o bordeline de Leri......ben, estando Caballero non se notaria.....

9 carla

Axudemos todas a que haxa alternativa: http://www.sermosgaliza.gal/articul...

1 Paco da Rosa

Si, xa se mira como axudan os coronéis Lores, Pontón, Pilar...e aplauden a La Voz de su Amo. Desta vez, igual no canto de Jacinto Rey o financiador-liquidador -exterminador e quen se queda coa cabecera, vai ser Santiago Rey Fdez. Latorre. Patetismo e entreguismo Vía V(oz) (de su Amo)!

8 Alberte

Paréceme ben. Pero xa vai sendo hora de que nos bares e demáis sitios públicos onde haxa un xornal DE LA VOZ DE GALICINHA os levemos. Ou que protestemos no bar ao propietario por ter un xornal fascista. Xa está ben de meias tintas. Témolo que facer. Sempre polas boas. Falando e dialogando que vaian desparecendo os xornais paseninho dos bares de demáis sitios públicos. Hai que facer unha campanha para que senha un éxito. Somos demócratas e libres. Non nos subvenciona ninguén.

1 Alberte

Non podemos nen debemos estar permanentemente na indecisión. Temos que crear asociacións de rexeneración democrática. É facer campanhas para visibilizar as nosas eivas democráticas. Cada vez máis profundas ou cada vez máis evidentes.