Os grandes ausentes dos premios de La Voz de Galicia

Santiago Rey, propietario do xornal coruñés, aproveitou os premios Fernández Latorre para facer unha pechada defensa da españolidade de Cataluña e defender o papel de Mariano Rajoy, que exerceu tamén de mestre de cerimonias. Un discurso no que atacou os nacionalismos e as forzas emerxentes e que tiveron que escoitar os líderes de En Marea e do BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/11/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Martiño Noriega, Jorge Suárez e José Manuel Baltar. Foron as principais ausencias dos premios Fernández Latorre, uns premios que, ano tras ano, son unha mostra da exhaltación e do poder que La Voz de Galicia quere ter en Galicia... e máis alá dela.

José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey
José Luis Barreiro, Mariano Rajoy e Santiago Rey | Fonte: lamoncloa.es

E o certo é que Santiago Rey, o editor deste medio coruñés, conseguiu xuntar na Coruña ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, ao de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a unha nutrida representación da política e da grande empresa de Galicia. Pero, houbo ausencias destacables que, obviamente, non foron pasadas por alto polo propio xornal.

Unha delas, a do rexedor de Ferrol, provocou que un día despois tivera que aturar unha dura crónica nas páxinas deste medio en relación a situación que se vive neste concello. Críticas que tamén reciben, a miúdo, o alcalde de Santiago e o presidente da Deputación de Ourense, que tampouco estiveron na festa de Santiago Rey.

Segundo as fontes consultadas por este medio, Martiño Noriega e Jorge Suárez decidiron non asistir "como xa veñen facendo desde que tomaron posesión das súas respectivas alcaldías". "Non hai nada novo nisto", limitaronse a apuntar. Pola súa banda, desde a Deputación de Ourense suliñan que Baltar non acudiu porque "á mesma hora presentaba ao convidado do Foro La Región e, polo tanto, non podía estar nos dous sitios". La Región é o principal medio da provincia de Ourense e nos últimos meses tivo un forte enfrontamento mediatico con La Voz de Galicia tras publicar este os millóns destinados pola deputación para mercar os fondos do xornal ourensán.

PRESENZAS DESTACADAS

Pero a esta celebración non faltaron os rexedores socialistas de Lugo e Vigo, Lara Méndez e Abel Caballero; o de Ourense, o popular Jesús Vázquez; o de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores e o da Coruña, Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, cuxa xestión, curiosamente, é duramente criticada polo xornal coruñés. Tamén estiveron os líderes do PSdeG, Gonzalo Caballero; de En Marea, Luís Villares; do BNG, Ana Belén Pontón e de Podemos, Carmen Santos.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

E foi, sobre todo contra estes tres últimos contra os que se dirixiu boa parte do discurso que Santiago Rey fixo durante a entrega do premio a María Emilia Casas, a primeira presidenta do Tribunal Constitucional. Unha elección, a desta constitucionalista, que lle serviu ao propietario da Voz para facer unha encendida defensa da españolidade de Cataluña e da xestión do goberno de Mariano Rajoy, tamén moi presente no acto.

"Y me alegro de compartir esta celebración con el Presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, que ha venido a demostrar que la prudencia es sabia si se une a la determinación, la valentía y los principios. Su decisión de cortar toda posibilidad de acción de los rebeldes a las pocas horas de que consumasen su delito, junto con la convocatoria de elecciones en el plazo más breve posible, han tenido como consecuencia inmediata la fractura de los secesionistas, el rearme moral de los que creemos en España y el unánime reconocimiento internacional a nuestra democracia y a nuestro Estado de derecho", dixo en defensa do presidente español.

Moi crítico amosouse cos grupos nacionalistas e con outros como Podemos. "Para que todo esto fuese posible, justo es reconocer el consenso, en este caso sin fisuras, de los principales partidos de la oposición. Y lamentar también la equivocada posición de quienes se presentan como nuevos actores de la política utópica, pero actúan con el peor instinto destructivo. Tal deslealtad no puede empañar el triunfo colectivo", engadiu.

As súas palabras foron moi semellantes ás pronunciadas por Mariano Rajoy, quen tamén defendeu o seu papel na crise catalá e fixo un chamamento á unidade de Esapaña nestes "duros momentos".

CRÍTICAS NO NACIONALISMO E NA ESQUERDA

Estes discursos provocaron xa duras críticas internas entre sectores de En Marea e do BNG. Fontes de Anova, consultadas por GC, e a única gran formación nacionalista que non tivo ningún representante na entrega destes premios --Martiño Noriega é militante deste partido e tamén Xosé Manuel Beiras que se negou a asistir a estes actos--, criticaron tanto a presenza de Villares como a de Carmen Santos "nun acto fondamente político" e contrario aos principios deste movemento político.

Tamén militantes do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), formación minoritaria do BNG, denunciaron a presenza de altos cargos do Bloque --Ana Pontón e Miguel Anxo Fernández Lores, que tamén son militantes da UPG-- "nunha festa de exhaltación do españolismo".

Máis alá foron partidos independentistas como Agora Galiza que cualificou de "infamia" a presenza de dirixentes de En Marea, Podemos e do BNG neste acto. "Como poden Luís Villares, Carmen Santos e Ana Pontón, así como Xulio Ferreiro e Miguel Anxo Fernández Lores, entre outros, compartilhar espaços e militares do regime do 78 que afirman querer superar?... É um insulto ao povo trabalhador, ao povo empobrecido da Galiza, que a Marea, Podemos e o BNG, assistam a este obsceno ritual endogámico da oligarquia, dos inimigos declarados da causa opeária e popular, dos responsáveis da nossa pobreza e falta de perspectivas", indicou nun comunicado.

Tampouco estivo no acto do xornal coruñés ningún representante de Esquerda Unida. Precisamente, o rexedor de Ferrol é tamén militante desta formación.

OUTRAS GRANDES AUSENCIAS

Na entrega de premios Fernández Latorre tamén houbo outras ausencias destacadas. Estiveron os representantes dos principais poderes económicos de Galicia, pero con sede na coruña, como Inditex, Abanca, Gadisa ou Estrella Galicia, pero faltaron outros grandes poderes económicos, sobre todo, do sur do país. Foi escasa a presenza dos grandes empresarios de Vigo, Pontevedra, de Ourense, e mesmo de Lugo.

Tamén chamou a atención a presencia e a ausencia de conselleiros. Estiveron case todos pero faltaron, os de Cultura, Román Rodríguez; Mar, Rosa Quintana e Medio Rural, Ángeles Vázquez. Precisamente, estas dúas, representantes dos sectores primarios, sectores que representaron e aínda representan parte do motor económico de Galicia, dunha Galicia rural que tampouco tivo presencia na festa de Santiago Rey.

Xoaquín Fernández Leiceaga, Luís Villares e Ana Belén Pontón
Xoaquín Fernández Leiceaga, Luís Villares e Ana Belén Pontón
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

7 Reflexión

Asombrosa a capacidade de algúns para determinar que medios si e que medios non son os que manipulan a información, sobre todo co principio tan imparcial e rexio de: si me gusta o que leo é información, se non me gusta é manipulación. Non sei o que opinarán milleiros de galegos aos que diferentes sectores tachan de borregos, ignorantes, serviles, enchufados, vendidos, fachas, españolentos, incultos,... bueno, si se sabe cando votan... pero claro como votan sumisos ao poder represor do estado espanhol que aliena as súas conciencias pois tampouco se sabe claro... pois ao final vai ser verdade que ou pensas como uns cantos ou non es ninguén en Galicia.

1 Bernardo D.A.

Ben reflexionado. A Voz sacoulle as cores hai pouco á Xunta co tema dos incendios destapando a inexistencia de datos para falar machaconamente de "tramas terroristas". Constantemente é ninguneada co tema das subvencións á pesar de seres o xornal máis vendido, de feito non lles caeu un peso cando trocaron a rotativa, pobre don Santiago "Yo Protesto". A súa mesnada de opinadores defendeu á xente ante a crise e denunciou valerosamente ás persoas cruelmente desafiuzadas. Adoita enfrontarse ao poder en Galicia (vaian ben ou mal as cousas de 36 anos de poder autonómico 30 son do PP) ou desde o minuto 1 meteulle caña a Fraga co tema da Cidade de Cultura, á altura de 2000, ¿ou foi en setembro de 2005 a tres meses de tomar o poder o bipartito...? Humm, non sei isto de reflexionar faime entrar nunha nebulosa. Iso si, TODOS os xornais galegos en papel fan o mesmo sen os grandes resultados de La Voz. Nin sequera sen que a xente os defenda nas redes.

6 Sivio

"La Voz de Galicia" ven sendo en Galicia o mesmo que o "Arriba" na España de Franco. A mellor forma de combatir este medio ertrógrado e propagandístico é non lelo. É o que fago eu e outros moitos, cada vez máis, como demostran os datos demoscópicos, desde hai varios anos.

1 nostrus

Claro, asi poderás manter mellor a tua ignoracia lendo só o que che gusta que che digan. Si queres saber a verdade deberas buscala lendo de todo e logo sacando as tuas propias conclusions e desconfiando sempre a verdade que chega a ti sin buscala. De todos modos defendo o teu direito a estar na inopia.

2 Mira

Nostrus trabaja algo que vivir de tu mujer es muy feo

5 polo

Agora que a Conselleira dispón da ferramente pode empezar a votar os grandes soldos de Agader...pero vai facer o mesmo que en Melide ca ordenación urbana.

4 Lozano e Lores SLU

Aquí é onde se ve que BNG e Marea de Podemos a mesmas merdé é que o PPsoE. E punto, a aplaudir e rille as gracias ao amo, servos da falsa progresia!

1 José

Non basta só con enunciados. Hai que dicilo, que a xente non o imaxina. Lores págalle suculenta propaganda á Voz en Pontevedra, dúcias de miles de euros ao ano, para non padecer a súa extorsión mediática. Se baixan os pantalóns coa Voz, de qué serán capaces despois?

3 Luis Ferrolán do Pisco

AH vaia por Deus ,o Sr. B. Rivas con face de coello desollado contempla con aceno sumiso de presenteiro como o seu enterrador politico rubrica o libro . O diario antano, la voz de Galicia , ogano la voz de Feijo