Temas: INCENDIOS LUMES UE

Christos Styliniades: “Hai que crear unha nova cultura da prevención ante os incendios”

O Comisario Europeo de Emerxencias defende o sistema rescEU, o novo proxecto de emerxencias que a UE quere ter listo no 2020 para dar unha resposta conxunta a grandes catástrofes. A idea é ter medios e persoal propio para axudar cando un estado membro pida este servizo.

Por Xurxo Salgado | Bruxelas | 28/11/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As recentes catástrofes medioambientais en Portugal, España, Italia ou Centroeuropa fixeron reaxir á UE que quere poñer en marcha un novo proxecto de emerxencias, rescUE, para ser activado nos estados membros en caso de ser requerido. Un proxecto que, con todo, está aínda sobre o papel porque aínda non obtivo o visto e prace de todos os países.

Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

 

E, en parte, estas reticencitas teñen que ver coas políticas de emerxencia de cada estado e, sobre todo, con evitar "futuras inxerencias" da UE nos "asuntos internos dun país membro". Porque, este novo proxecto, aínda que quere servir de axuda para aqueles estados desbordados ante unha catástrofe --sexa incendio, inundación ou terremoto--, tamén ditará recomendacións á hora de actuar ante unha emerxencia.

 

"É fundamental a prevención e a prepara para facer fronte a castástrofes, como a dos lumes", dixo este luns Christos Styliniades, Comisario Europeo de Emerxencias, ao referirse aos grandes incendios de Portugal e España --a maior parte deles en Galicia--, do pasado mes de outubro. De feito, nunha fin de semana, queimáronse nestes dous estados, xunto con Italia, máis de 200.000 hectáreas.

O comisario europeo de Emerxencias Christos Stylianides nunha rolda de prensa con medios galegos e portugueses
O comisario europeo de Emerxencias Christos Stylianides nunha rolda de prensa con medios galegos e portugueses

 

Por iso, o comisario Styliniades propón "crear unha nova cultura da prevención" dentro da UE que vaia, precisamente, as causas dos lumes. E, en parte, iso é o que ofrece RescUE,aínda que aclarou que "non substituirá" as emerxencias dos estados, senón que será "só un complemento". "As primeiras responsabilidades para responder ante unha emerxencia é dos estados", insistiu.

 

Nunha rolda de prensa con xornalistas de varios medios galegos e portugueses no que estivo GC, Styliniades suliñou que o seu obxectivo é "dar novos incentivos" aos estados para actuar fronte as grandes catástrofes, entre elas, os incendios. "O que queremos é dar unha resposta máis colectiva ás catástrofes naturais", indicou.

 

"MENOS BUROCRACIA"

 

Tal e como xa publicou o GC, o RescUE propón unha reserva a nivel europeo de capacidades de protección civil tales como avións de extinción de incendios forestais, bombas de auga especiais, equipos de busca e rescate urbano e hospitais de campaña e equipos médicos de emerxencia. Unha proposta que chega logo das catástrofes naturais que afectaron gravemente a países europeos nos últimos anos e, especialmente, a Italia, España e Portugal, máis recentemente.

 

Este novo sistema europeo de emerxencias completará os activos nacionais e será xestionado pola Comisión Europea, con obxecto de apoiar aos países afectados por catástrofes tales como inundacións, incendios forestais, terremotos e epidemias. Só en 2017, máis de 200 persoas morreron como consecuencia de catástrofes naturais en Europa e máis dun millón de hectáreas de bosque quedaron destruídas.

 

Con todo, o comisario europeo non quixo concretar como será a xestión deste novo proxecto "con axuda tanxible". O único que avanzou é que estará dotado con 280 millóns de euros nunha primeira fase. "O que buscamos é menos burocracia e máis eficiencia", sinalou.

 

O FUNCIONAMENTO

 

Máis concreto amosouse Carlos Martin Ruíz de Gordejuela, portavoz do departamento de Emerxencias, que indicou que as previsións da Comisión Europea é que este servizo estea en marcha xa no verán de 2018.

 

Ademais, indicou que a idea é que o futuro equipo de emerxencias da UE sexa xestionado por empresas especializadas que dispoñan de medios --avións, helicópteros, etc-- e de persoal propio. "A idea é que haxa algunha base operativa nalgún dos estados membros", indicou.

 

E como será o seu funcionamento?. Segundo Ruíz de Gordejuela o RescUE activarase cando un estado membro pida axuda a UE ante unha grave situación de emerxencia.

Temas: INCENDIOS LUMES UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Martes

Que la CE se meta por el medio va a ser contraproducente. Esto ocasionará más incendios forestales porque a más incendios más ingresos para las empresas de extinción. Estamos dando un paso más para asegurarnos incendios colosales. Y por supuesto la base estará en cualquier lugar desafortunado, de manera que se pierda todo el tiempo posible antes de estar en el lugar necesario. Y si no tiempo al tiempo.

1 gumersinda a pepeira

por favor saben si vai ser todo pasteleo o si van facer pagar o xefe de sala do 1-1-2 polo dos incendios forestais e o mal que o fixeron 4 MORTOS e moitos lumesforestais- saben si o pepeiro vai sair de rositas e non van asumir as responsabilidades, SABEN SI O RUEDA VELENZUELA VAI DIMITIR, DEIXARON PUDRIR A EMERXENCIA DURANTE 12 HORAS!!!! o pepeiro mesmo o admite que non fixeron nada que estaban mirando o furacancio namentras ardia por todos lados incluso no medio-medio do concello de VIGARDOS, señores o pepeiro fixo moita demagoxia incendiaria moita PPiromaniaca estaba solta, falan incluso de brigadas de urbanización polos pobos que sen polas noites, falan de avionetas que pasan e onde non había luMes enton comenzan a aparecer os conatos multiples... SEÑORES VAN OU NON VAN ASUMIR RESPONSABILIDADES O CARGOS DO PEPEIRO ENCABEZADOS POLO INCLITO RUEDA VALENZUELAS (xefe de sala do 1-1-2)