Máis cargos do Sergas e varios médicos, citados a declarar ante o xuíz polo caso da Hepatite C

Novas testemuñas terán que declarar no marco da causa aberta pola subministración dos tratamentos da Hepatite C, na que dous cargos do Sergas están a ser investigados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2017 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, Andrés Lago Louro, citou para este mércores 29 e para o xoves 30 a novas testemuñas para declarar no marco da causa aberta pola subministración dos tratamentos da Hepatite C, na que dous cargos do Sergas están a ser investigados.

Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C, cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda
Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C, cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda | Fonte: BNG

O caso, que investiga ao actual xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, ex-director de Asistencia Sanitaria, e a subdirectora de Farmacia, Carolina González-Criado, trata de determinar se houbo irregularidades no suministro dos tratamentos que puidesen derivar na morte de pacientes, como denunciou con especial intensidade a Asociación Plataforma de Afectados pola Hepatite C.

Na providencia cítase como testemuñas para este mércores a partir das 9,30 horas a un médico do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e ao ex-director xeral que substituíu a Félix Rubial á fronte de Asistencia Sanitaria, Ramón Ares, desde xaneiro de 2006 á fronte da xerencia sanitaria lucense.

Fontes da causa confirmaron que tamén están chamados a declarar en calidade de testemuñas unha doutora da unidade de Transplantes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), o xefe de servizo do Sergas que actuaba como secretario da subcomisión de tramaientos da Hepatite C, e a xefa de servizo de Uso Racional do Medicamento e Atención Farmacéutica do Sergas.

CITACIÓNS O XOVES

Xa o xoves, entre outros, está previsto que declaren como testemuñas, médicos hepatólogos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e a xefa do servizo de Farmacia do centro.

Para esta segunda xornada tamén estaba chamado a comparecer o doutor Evaristo Varo, da Asociación Batas Brancas e un dos médicos que denunciou publicamente "atrasos" na administración dos tratamentos da Hepatite C.

Varo, que aínda non recibiu unha nova data para comparecer, confirmou que non poderá asistir xa que se atopa de viaxe por motivos profesionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 PeToFa

Pero a vós esto so vos interesa porque permite desgastar ao PP. En realidade o único que facedes é instrumentalizar aos afectados pola hepatite C. Digoo porque este venres 1 de decembro se conmemora o Día Mundial da Loita contra o SIDA e nin chiu. Como neste tema as Mareas pasan olímpicamente malia ter suscrito tanto Martiño como Xulio a Declaración de París que outorga o protagonismo ás cidades na loita contra o VIH e non fixeron nada, todo o que se toque favorece ao PP e deixa facendo un calvo ás Mareas. Asinaron de xeito propagandístico e non fan nada, tanto Martiño como Xulio. E poderían facer moito en prevención, en acompañamento ás persoas que viven co VIH, e en aminorar o estigma. De vergonza, e da certo noxo a instrumentalización dunha patoloxía como a hepatite C so por buscar réditos políticos.

1 Impresentable

Os do PartidoPodre sodela cousa máis noxenta que se poida botar en cara. Aqui falase dalgo moi grave como é denegarlle un tratamento que lle salvaría a vida a unhas persoas que acabaron falecendo, por aforrar un diñeiro que a consellería de sanidade acaboulle concedendo a medios de comunicaciòn para facer propaganda dunha sanidade que cada día e menos pública. Se tiveras un mínimo de dignidade e foras familiar dos enfermos como che quedaría o corpo sabendo todo esto?

2 q2FE

É evidentísimo que ás Mareas e seus medios, os enfermos de hepatite C lles dan o mesmo. Tan so é un tema que se instrumentaliza para desgastar ao PP. E insisto que podían facer algo xa que suscribiron de piquiño a Declaración de París para a loita contra o VIH, e non fan nada. Cando podían facer moitísimo, por exemplo contra o PP --agora vas ver que non son do PP, listillo-- por non dar profilaxe preexposición que a dan ata os portugueses, contribuindo con elo a que dez persoas adquiran o VIH en España cada día e precisen atención sociosanitaria de por vida. Dades noxo.

3 Impresentable

Mira troll PPodre nesta noticia non se fala de ningún partido político non sendo o que lle denegou o tratamento a estas víctimas. A non ser que a túa mente enferma considere a plataforma que defende os enfermos, un partido politico. Que son os que queren que se faga xustiza. Se por querer eso damos noxo, ti das pena.

4 PeToFa

¿A quén queres enganar? ¿Tamén me vas dicir que a Mesa non é un apéndice da UPG porque dela forma parte Rafa Cuiña que era ou foi do PP? ¿Qui prodest? Pois iso mandril. As Mareas e os seus medios pasan da infección por VIH, porque aínda non viron como instrumentalizar ás persoas que viven co VIH; iñoran o Día mundial da loita contra a SIDA porque non fixeron nada onde gobernan e caso de abrir a boca farían un calvo. O feito de non dar preexposición contribúe non so á que dez persoas adquiran o VIH cada día, tamén xera mortes porque moitos diagnósticos de VIH son tardíos, en fase SIDA, e o 50% das mortes por VIH danse cun diagnóstico de SIDA no primeiro ano tralo diagnóstico. Dades noxo, y lo sabes...

5 Impresentable

Como dixen anteriormente a noticia é sobre a inación dunha administración que deixoi morrer a uns enfermos. A mesma que no caso do Yakolev 42, a mesma que no Avia, a mesma que no metro do Valencia. Tanta corrupción e tanto desfalco ten as súas consecuencias. E se protestamos... lei mordaza!!!

6 anonimo

O que ti queiras, pero canta moito o apoio por parte das Mareas e os seus medios a esta plataforma --que se manifesta, mentres os que viven co VIH agachan a súa situación por estigma, sendo impensable unha mani de seropoditivos, que polo dito, non son rendibles políticamente falando-- apoio das Mareas e os seus medios, digo, que contrasta con que iñoren ás persoas que viven co VIH e a súa problemática; que non fagan ningún tipo de política de prevención para evitar que haxa mais infeccións; que avoguen pola preexposición, etc. Este escarnio é maior cando lembramos que os concellos das Mareas da Coruña e Santiago asinaron a Declaración de París que outorga o protagonismo ás cidades na loita contra o VIH, e non fixeron nada mais que colgarse a medalla.