Temas: EDUCACIóN

Convocadas axudas para o fomento do uso do galego en centros públicos e privados

A Xunta destina 300.000 euros aos públicos e 22.600 aos privados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/11/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixo públicas no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas convocatorias de axudas para o fomento da lingua galega, unha dirixida a centros de titularidade pública e outra a centros de titularidade privada. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 15 de xaneiro de 2018.

Manifestación da plataforma 'Queremos Galego'.
Manifestación da plataforma 'Queremos Galego'.

O crédito destinado ao financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de ensino públicos ascende a 300.000 euros, mentres que para os privados é de 22.600 euros.

Ambas as convocatorias teñen a finalidade de contribuír ao financiamento das actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua galega e o profesorado responsable de cada proxecto de fomento do galego durante o curso académico 2017/2018 naqueles centros educativos que imparten ensinanzas regradas de niveis universitarios e que contan con menos de seis unidades.

Os equipos ou profesorado responsable da dinamización da lingua galega nos centros educativos que desexen optar a estas axudas deberán presentar un proxecto de actuación de cuxa valoración dependerá fundamentalmente a contía -un máximo de 800 euros- que obterán para desenvolvelo. Terase en conta tamén o número de alumnado con que conte o colexio ou instituto.

Os criterios de valoración dos proxectos avalían o grao de implicación nestes por parte dos distintos membros da comunidade educativa; o nivel de utilización das tecnoloxías da información e da comunicación; o grao de colaboración con outros centros educativos, así como con entidades, institucións e asociacións externas ao colexio ou instituto; a realización de actividades plurianuais e a tipoloxías das actividades propostas.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 nostrus

¿322.000 euros? ¡¡ostiaa!. Dende logo que si para que a xente fale galego é preciso gastar eses cartos só se demostra que o galego non é tanto a lingua propia de Galicia como se dice. E tampouco entendo porque hai que gastar eses cartos para que algun galego troque o chip lingüistico.

1 bobus

frente a los 8 millones de euros en subvenciones encubiertas al castellano, no está nada mal verdad?

2 teutonio

Pois porque cambiar o chip lingüístico é positivo e desexado pola cidadanía. Por iso apoia que exista unha política lingüística que acabe cos prexuízos imperantes, faga que o galego teña presenza en cada vez máis espazos ou que os rapaces teñan un bo dominio del. E unha boa de facer isto é subvencionando actividades escolares de dinamización.

2 Vijo

322.000 euros para repartir entre los amiguetes vividores del gallego. Parece que en la Xunta sigue gobernando el BNG...

1 bobus

frente a los 8 millones de euros en subvenciones encubiertas al castellano, no está nada mal verdad?

1 urco

O plano etnicida do PP , desenhado quando chegaram ao poder hai 36 anos, prosigue eficazmente. Galiza é o único território com língua oficial distinta do espanhol que perde ano trás ano falantes da língua própria. Objectivo: que nom xurda um "problema" galego ao jeito do catalám e basco. Método: erradicar a possibilidade de viver na Galiza em galego virando este país numha sorte de Cantábria com a inestimável ajuda dumha mesnada de sipaios .

1 Euridice nas Tebras

Iso é o que queren a maioría dos galegos e galegas... E habería que incluír aquí a a unha esquerda nacionalista que antepón os seus egos á busca dunha unión que permita ser forte. Deixade de laiarvos por favor. Que pasades a vida a vos laiar. Que facedes de positivo? Mirades de fomentar a unión do nacinalismo? Non. As cidades mareantes non son exemplo de nada, en realidade, agás algún cambio superficial están igual que os gobernos que as precederon ou quizais peor coma Ferrol. E o único que sabedes é laiarvos. Por que non lle preguntades aos vosos deputados mareantes en Madrid e Compostela que fan sobre esta cuestión??? Preguntade, por favor. Gozade do votado e que dure moito tempo. Temos o que merecemos.

2 urco

As elites do PP som galegófobas é traicionam aos seus próprios votantes que nunca votarom um programa explícito de extermínio linguístico. Além, apenas numha ocasiom o PP conseguiu mais do 50 % dos votos. O sistema quatriprovincial e a lei d'Hont fai o resto. Nom hai que se laiar ? Pra sermos mais cómodos ao chauvinismo espanhol? Nom, graças. Claro que hai que denunciar pra poder reagirmos como Povo. O de "os vossos deputados mareantes" nom sei a que vem a conto. Será umha teima tua.