Rosendo, presidente do PP local de Ourense

Por Manuel Baltar | | 10/12/2010

Comparte esta noticia

Onte Rosendo relevou a Poly como Presidente da Xunta Local do PP no concello de Ourense. Foi nunha reunión convocada para ese fin neste órgano que non se reunía dende decembro de 2009. Foi a instancia do proprio Enrique Nóvoa que me comunicara hai meses a conveniencia de xunguir o liderado político do partido na cidade co encabezamento da candidatura ás eleccións municipais. Dito e feito.

O comité executivo provincial, na súa xuntanza do pasado 18 de novembro, validou este cambio e Rosendo ten agora a máxima responsabilidade do partido na cidade. Un instrumento máis para afondar no traballo político preciso para convencer aos cidadáns de que faise necesario, máis que nunca, un goberno popular.

O 22 de maio terán a palabra como tiveron os cataláns: descalabro electoral do socialismo e do nacionalismo de izquierdas gobernante en coalición. Como pasou en Galicia. Agora corresponde que digamos adeus aos bipartitos locais e chega o momento dos gobernos populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA