Santiago, entre as dez universidades do Estado con maior produción de teses en dúas décadas

A de Vigo ocupa o posto 27 e a da Coruña, o 30. Estas dúas, xunto coa de Castela-A Mancha, son as que máis aumentaron a súa produción.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/12/2017 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago sitúase no décimo posto en produción de teses doutorais entre 1995 e 2014, entre todas as universidades do Estado español, mentres que as de Vigo e A Coruña se sitúan entre as 30 primeiras, segundo un estudo do  Grupo Politecom do Departamento de Biblioteconomía e Documentación da Universidad Complutense de Madrid.

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

En total, Santiago de Compostela, en décima posición, produciu 4.017 teses en dúas décadas, mentres que a de Vigo, no posto 27, xerou 1.664 teses e a da Coruña, no lugar 30, publicou 1.434.

No Estado, a Complutense de Madrid lidera esta clasificación —aínda que é a que máis caeu porcentualmente— cunha vantaxe clara, cun total 13.787 teses, seguida pola de Barcelona (7.808), a Autónoma de Madrid (7.493), a Universidad de Granda (6.602) e a Autónoma de Barcelona (6.288).

Aínda que a Universidade Complutense de Madrid ostentou a primacía na produción de teses durante todo este período, a Universidade de Barcelona aumentou moi substancialmente o seu peso relativo, ata conseguir situarse preto da primeira.

Ademais, outras universidades, como a Politécnica de Valencia, a Politécnica de Catalunya, a Universidade de Sevilla e a Autónoma de Barcelona incrementaron a súa produción de forma notable.

Universidades con maior producción de teses no período 1995-2014 / Sánchez Jiménez, R.; Blázquez Ochando, M.; Montesi, M.; Botezan, I. (2017). La producción de tesis doctorales en España (1995-2014): evolución, disciplinas, principales actores y comparación con la producción científica en WoS y Scopus. Revista Española de Documentación Científica, 40 (4): e188. doi: http://dx.doi.org/10.3989/redc.2017.4.1409.

Ao longo do período estudado obsérvase tamén como universidades relativamente novas, como as de Castela a Mancha, A Coruña e Vigo son as que máis creceron, aínda que era algo "esperable", segundo os autores do estudo.

Tamén salientan a notable redución na produción relativa dalgunhas universidades de tradicional prestixio, ademais da Complutense, como a Universidade de Valencia e a de Navarra ou a da Laguna, así como o estancamento da produción da Universidade de Alcalá.

En conxunto, conclúen que as grandes produtoras de teses seguen sendo esencialmente as mesmas universidades, aínda que se incorporaron en segunda liña universidades novas e hai cambios internos importantes entre as primeiras posicións.

Os resultados publícanse na Revista Española de Documentación Científica, do CSIC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Nicodemo

Coñezo algunha tese doutoral que da a risa. Tamén coñezo doutores da USC, que dirixen teses (a os seus amigos) que non pasarían unha reválida daquelas que había antes en cuarto curso de bacharelato. ASsí somos

1 Nicodemo