Oito de cada dez cidadáns consideran o galego a súa lingua materna

Con todo, nove de cada dez galegos tamén ve o castelán como a súa lingua materna.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2017 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Oito de cada 10 galegos (o 82,8%) consideran o idioma propio de Galicia a súa lingua materna, segundo a enquisa sobre a participación da poboación adulta nas actividades de aprendizaxe que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Manifestación de Queremos Galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística
Manifestación de Queremos Galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística | Fonte: A Mesa

De acordo con esta enquisa, nove de cada 10 galegos (o 91,4%) ven o castelán como a súa lingua materna. Por lingua materna, o Instituto Cervantes entende a primeira lingua que aprende un ser humano na súa infancia e que normalmente devén o seu instrumento natural de pensamento e comunicación. Adoita ser a lingua da nai, aínda que tamén pode ser a de calquera outra persona: pai, avós, etcétera.

Con todo, esta institución pública advirte da complexidade do termo ao referirse a algúns criterios considerados na caracterización do concepto. Un deles establece que lingua materna é "a que un sente como propia, como parte da súa identidade individual e da súa propia comunidade", apunta.

A enquisa, con datos de 2016, recolle, como linguas maternas ou non maternas, que o 98,9% da poboación no Estado español podía usar o castelán, o 17,5% o catalán, o 6,2% o galego, o 5,8% o valenciano e o 3,0% o eúscaro.

O GALEGO, A LINGUA COOFICIAL MÁIS COMPRENDIDA 

Por comunidades autónomas, o catalán podía ser utilizado case polo 85% da poboación de Cataluña e polo 63,1% da de Illes Balears. O galego polo 89,0% da poboación galega e o valenciano polo 51,8% dos residentes en Comunitat Valenciana. O eúscaro podía ser utilizado polo 55,1% da poboación vasca e polo 21,7% da navarra.

En concreto, sobre as linguas maternas, o catalán era en 2016 a lingua materna do 55,5% dos cataláns e do 42,9% dos residentes en Illes Balears. O galego era a lingua materna do 82,8% dos galegos, o valenciano a do 35,2% dos residentes en Comunitat Valenciana e o eúscaro a lingua materna do 33,7% dos vascos e o 14,6% dos navarros.

A ENQUISA

A enquisa sobre a participación da poboación adulta en actividades de aprendizaxe ofrece información sobre a participación en actividades de educación e aprendizaxe da poboación de 18 a 64 anos.

Tamén proporciona información sobre coñecementos lingüísticos e características educativas. Pola súa propia natureza, é a principal fonte de información sobre o nivel de estudos alcanzados pola poboación española.

Temas: GALEGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

5 Arrouxo

Bueno. Se falo castrapo ao máximo, sí falo e escribo en galeñol. Pero estas enquisas están moi mal estructuradas e só serven ao propósito de serem meros exercicios prácticos para que a xente que as fai non se aburra. Pero, eu que tenho 65 anos, o meu avó sí falaba galego, as expresións, os xiros lingüísticos, case todo era galego. E moito portugués. Sempre dicía ACESO para dicer que un aparato estaba "encendido" e moitas palabras máis. O que falo eu é a medias. E o que fala a meirande parte da povoación non é galego. É un castrapo castrapeiro.

1 Arrouxo

Así que estas enquisas non valen para nada. Entende galego o 98% da povoación? Nin de conha. Se é castrapo sí. Pero si é galego, non. Se se fala en galego será o 20% o que o entende sen problemas. Moitas veces que digo palabras soltas que son de uso "castrapeiro" ténhoas que traducir para que me entendan. Esas enquisas non valen para nada. E son falsas.

4 Anti...

E os cans da Arxentina oubean coma os de Irak e os cabslos rinchan do mesmo xeito en toda a terra. Están no idioma universal teñen o mesmo raciocinio ca tí, ah!!! Non teñen moito máis.

3 Anti...

Nación española, estado unitario, deber de coñecer o castelán de castela. Hahaha. A miña lingua é o galego falo outros e o castelán inda que tame. O falo é unha lingua allea coma as outras de fora do país.

1 nostrus

Polo que se ve ti es mais parecido aos animais irracionais que a xente e actuas por instinto en vez de por intelixencia. Ti sendo galego...¿estas obrigado a comer pulpo por ser galego e rexeitar o gazpacho por non ser andaluz?, ¿os navarros estan obrigados a correr diante dun touro por ser navarros?, ¿estas obrigado a ser cristian e non ser musulman por ser galego?. O can ladra por ser can, o burro ornea por ser burro e os rumiantes rumean por ser rumiantes, pero os galegos facemos o que nos da a gaña porque somos personas libres e intelixentes, agás os nacionalistas que non son libres e non deciden por eles, sinon que se esclavizan dunha lingua ou unha cultura porque é para o que son adestrados. Os rumiantes estan condenados a ser rumiantes igual que os naciotas seran sempre naciotas. Nada ten que ver quererlle a tua terra con estar condenado a ter unha determinada dieta.

2 Paco da Rosa

Que ben falas Nostrus, salvo que esqueces un detalle mínimo, insignificante, que o naciota che comentou: hai unha língua de primera, imposta, obrigatoria, co deber de coñecela... E a "outra" é voluntaria, optativa, de segunda categoría. Logo non hai igualdade, non hai liberdade, non hai verdadeira democracia. Xa lle podes dar as volutas que queiras, son feitos! É a legalidade do Estado español (monarquía bananeira)! Só a un fascista, supremacista españolista, naciota impositor pola forza das armas primeiro e da lei dos máis fortes aínda hoxe pode esquecer a historia e o presente do galego. Só quen renega da igualdade entre culturas e entre os humanos pode ignorar que a legalidade española vixente é inxusta cos galegofalantes. Só ti, Nostrus, e a túa obsesión contra un estatus de igualdade para o idioma galego e a favor da continuidade da supremacía do castelán!

3 nostrus

Paco da Rosa. La supuesta igualdad entre lenguas a la que tu aludes solo iria en contra de las personas. Lo que importa son los derechos de las personas, nunca de las lenguas porque estas no tienen derechos. El motivo de la obligatoriedad de comprender el español y la voluntariedad del gallego se debe a la realidad lingüistica social española y no a que nadie nos tenga mania. Si las realidades lingüisticas de ambos idiomas estuvieran cambiadas seria el gallego la lengua obligatoria y el castellano la lengua voluntaria, pero la realidad es la que es. ¿Que interes tienes en que todos los españoles o todos los que se empadronan en Galicia tengan obligacion de comprender el gallego?. Obligaciones solo las necesarias y ninguna por motivo identitario o maniático. ¿Consideras que los gallegos debemos saber tocar la gaita?

4 Elisenda en Camelot

Nostrus ti sabes que e un sofpaper? Explicamo porfa.

5 Paco da Rosa

Fascista Nostrus, deixa de tocar a gaita con prosa boba: quero que os que desexen tocar a gaita teñan os mesmos dereitos e as mesmas obrigas que os que prefieran a frauta traveseira! Igualdade legal, é moito pedir? Quero liberdade e non imposición fascista! A "realidad" depende onde: en Ceuta, en Calella, en Seabra, en Zizur, en Melide ou en Guijuelo son moi diferentes. Ti querés uniformidades, a poder ser disciplina militar! E chegouse a esa "realidad" unitaria pola forza da discriminación, levada a cabo polos supremacistas españois sobre a diversidades cultural e lingüística. Os idiomas periféricos foron prohibidos, multados, sancionados... Son feitos. Iso é a "realidad" do orgullo españolista! E claro que as línguas non sofren, os falantes das línguas minorizadas, reprimidas e desprezadas por seres insensibles coma ti somos os que sufrimos. Aos fascistas o sufrimento alleo nunca vos molestou, gozades coa imposición da vosa noxenta idea de España!

2 limico

Coido que para que isto fose unha noticia, debería estar redactada así: "Dous de cada dez cidadáns galegos consideran o madrileño a súa lingua materna"

1 anonimo

Moi bo.

1 pugnaz

Queridos amigos, voy a hacer una aportación original. Temas como este sólo pueden tratarse en serio desde una base de partida: la existencia de una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles debemos conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas regionales o minoritarias. Pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional dentro del amplio marco que ofrece la Constitución, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas con un claro cariz político, segregacionista, pugnaz y de mantenimiento del negocio, que es para lo que se tortura esta encuesta por parte de los nacionalistas para que diga lo que quieren que diga. Un cordial saludo.

1 anonimo

¡Que florido y decimononico estilo el tuyo!

2 anonimo

E decía vostede que a súa aportación ía ser...¿orixinal?

3 Euridice nas Tebras

A ver, quería ao mellor dicir orixinal para el... Ou non, porque un comentario semellante co de " darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional dentro del amplio marco" xa o fixo noutra nova, cando menos, de hai un ano: http://www.galiciaconfidencial.com/... A ver, ampliou un pouco o argumento. Está a se esforzar... Non sexades crueis e valorádello.

4 Natasha Rostova delaRestreba

Por certo, Pugnaz, ti poderíasme dicir que é un sopfpaper. https://www.youtube.com/watch?v=7eS... Vivo tan obsesionada que ata soño con rusos debaixo da cama... E un senvivir. Se o sabes explícamo, ho.