A seca provoca situacións nunca vistas en Galicia: problemas de abastecemento de auga en 90 días

E iso se os concellos non activan xa medidas de aforro e restrición. Feijóo chama a “cambiar o chip” de institucións e cidadáns sobre o problema da seca e reclama que haxa un fluído intercambio de información.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 30/11/2017 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

A seca xa é un dos grandes problemas de Galicia. No país dos milleiros de ríos e dos milleiros de vacas, a auga comeza a ser un problema grave. No país do manto verde, o amarelo da seca comeza a facerse un oco. E esas dificultades de restriccións e aforros das que os galegos estaban tan alleos son xa unha realidade.

Greenpeace documenta a seca no Encoro Belesar en Portomarín, Lugo.
Greenpeace documenta a seca no Encoro Belesar en Portomarín, Lugo.

Tan real como que a Xunta estima que en menos de 90 días haberá problemas de abastecemento en Galicia se non hai chuvias fortes e continuadas. Uns problemas que poden comezar antes se as distintas administracións non poñen xa en marcha plans de continxencia para impulsar o aforro no consumo da auga.

A seca é unha ameaza real e unha das principais preocupacións que temos os galegos”, dixo este xoves Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. E o certo é a conca Galicia-Costa está a tan só o 42,2% da súa capacidade, un 26,4% menos que o pasado ano, que tamén xa estaba por baixo do nivel dos últimos cinco anos. “E un tema moi preocupante e todas as administracións temos que traballar conxuntamente e actuar con responsabilidade”, engadiu.

“CAMBIAR O CHIP”

Así,  a Xunta insiste na necesidade de que haxa unha maior concienciación, máis coordinación entre administracións e, tamén, máis preparación. Sobre a concienciación, Feijóo suliñou que, tanto galegos, como institucións, “teñen que cambiar o chip” e fomentar as políticas de aforro no consumo da auga; “ducharse en vez de bañarse, non deixar as billas abertas cando se lavan os dentes ou encher as lavadoras para aforrar”, indicou.

A seca provoca que o encoro de Portomarín descubra o antigo pobo
A seca provoca que o encoro de Portomarín descubra o antigo pobo

Deste xeito, o Goberno galego sinalou que xa está “chequeando” o plan da seca aprobado en 2013. Por iso, fixo un chamamento aos concellos para intercambiar información e para realizar as obras necesarias para paliar este problema. Así, e en relación as obras do transvasamento da auga do río Verdugo ao encoro de Zamáns, a Xunta comprometeuse a facerse cargo das mesmas, tras a negativa do Concello de Vigo a asumir ese gran esforozo económico. “A situación de emerxencia é máis que probable. Por iso, solicitaremos tamén dos concellos xuntanzas para que identifiquen as infraestruturas necesarias que poden realizar as empresas concesionarias das augas”, dixo Feijóo.

OBRAS EN VIGO

Con todo, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, foi máis alá e lembrou que o abastecemento de auga é unha competencia municipal e, polo tanto, son os concellos os encargados de realizar as obras necesarias para que os cidadáns estean abastecidos. “En casos puntuais a Xunta ou o Goberno central pode actuar se se trata dunha actuación supramunicipal como é o caso da depuradora de Vigo”, indicou.

Así, anunciou que este venres hai convocada unha xuntanza con representantes do Concello de Vigo para ver como actuar nesta cidade da que dixo que se adoptou a medida de diminuír un 10% o consumo de auga e evitar os usos “non prioritarios”.

En canto ao concello da Coruña e a súa área, que xunto con Vigo e o seu entorno metropolitano, son os puntos con máis problemas, Mato indicou que hai “unha estreita colaboraciń” e que a emrpesa municipal xa anunciou que se fará cargo das obras para levar a auga desde o encoro de Cecebre á Coruña.

Non obstante, foi moito máis crítica con concellos como os de Ponte Caldelas que se amosaron moi críticos cos trasvases de auga a Vigo. “O primeiro que teñen que facer desde este concello é acudir as xuntanzas porque das catro que realizamos non viñeron a ningunha”, apuntou. “O que precisamos agora é colaborar lealmente”, dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 expaña camisa negra

vai dimitir xa o inútil xefe de sala do 1-1-2, o ínclito rueda valenciano o conselleiro da desfeita e a inutilidade manifesta, vai sair de rositas, namentras a desprezabel marea preocupada por oucupar tal comisión, pero non porque vaian a traballar algo as suas moilicies as suas nugallerias sinon polos cartos, son autenticos caramazov autenticos persoaxes o Dosdoiesqui que collen a cruz pero non poque sexa símbolo de xesucristo sinon porque é de ouro... o gobernó a oposición complices de todolos crimes!!!!

1 anonimo

O "Cambio de Chip" tiña que estar aplicado e promovido polos poderes públicos fai ben anos; este é precisamente o problema, mentres chovía non importaba malgastar os recursos hídricos...así nos vai con todo