Rajoy ignora a Rosalía

O BNG acusa ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, de "exaltación do franquismo" tras cuestionar o cambio de nome da rúa onde el vivía en Pontevedra: do almirante Salvador Moreno a Rosalía de Castro.

Por E.P. | Compostela | 01/12/2017 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará, acusou o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, de "exaltación do franquismo" despois de que cuestionase o cambio do nome da rúa onde el vivía en Pontevedra, que pasou de chamarse Salvador Moreno a Rosalía de Castro en outubro de 2002.

Rúa Rosalía de Castro en Pontevedra, ata o 2002 rúa Salvador Moreno
Rúa Rosalía de Castro en Pontevedra, ata o 2002 rúa Salvador Moreno | Fonte: Europa Press

O nome da rúa foi cambiado polo goberno do BNG --do que o propio Luís Bará formou parte como concelleiro-- moito antes da aprobación da Lei de Memoria Histórica, despois de chegar ao goberno en 1999 por primeira vez con Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde e no marco dun paquete de cambio da nomenclatura vinculada coa ditadura.

Dáse a circunstancia de que o Bloque gobernou desde entón en Pontevedra, cidade que declarou persona non grata a Rajoy como presidente do Goberno en 2016, despois de que o seu Executivo concedese unha nova prórroga á fábrica de Ence, instalada nos terreos de Lourizán (en Pontevedra, no límite coa localidade de Marín).

Durante a súa visita a Costa de Marfil, e mentres interviña ante membros do corpo naval militar, lembrou que el --como pontevedrés de adopción-- viviu "moitos anos á beira da escola naval de Marín, na rúa Salvador Moreno", en referencia a unha rúa que percorre desde case o centro de Pontevedra até a estrada que une con ese pobo limítrofe (ambos os municipios comparten Autoridade Portuaria).

"Vivín moitos anos preto da escola naval de Marín, na rúa Salvador Moreno de Pontevedra. Agora non sei por que lle quitaron a rúa ao almirante Salvador Moreno. Pero en fin, vivín alí moitos anos e sígolle chamando así", manifestou.

Ante estas declaracións, o deputado nacionalista anunciou que presentará unha iniciativa no Parlamento galego na que preguntará ao Goberno autonómico polas verbas de Rajoy, co fin de que "exprese a súa condena" ao dito polo presidente do Goberno central.

"CONDENA ROTUNDA"

Luís Bará fixo unha "condena rotunda" das palabras de Rajoy sobre o militar golpista, que foi "defensor da ditadura e ministro de Franco", así como acusou de "falta de respecto" á decisión do Concello de Pontevedra de "galeguizar e feminizar o rueiro", dedicándollo á poetisa Rosalía de Castro, impulsora da escritura en galego.

En opinión do deputado do Bloque, as palabras de Rajoy insisten no "menosprezo a unha escritora e figura fundamental" de Galicia, a quen, de feito, débeselle a data da celebración do Día das Letras Galegas todos os 17 de maio, coincidindo con que, ese mesmo día de 1863, publicouse 'Cantares Gallegos'.

"É extremadamente grave. É unha declaración expresa de apoloxía do franquismo", censurou o parlamentario do Bloque, quen aseverou que a postura do presidente do Goberno é "absolutamente antidemocrática, de exaltación do fraquismo e de rexeitamento á cultura".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Ipg

Valeorras nazon vaia comentario despectivo e mentirán. BArá é dende hai ben anos un dos azoutes máis informados do pensamento antifascista na nosa terra, tendo documentado cantidade de episodios e moi ben escritos no seu blog e en libros. Así deixa memoria a medio prazo das barbaridades do Moreno e as süas camarillas, aínda que parece que a Valdeorras non chegan. Pois mira que por aí non houbo paseados e fuxidos!

3 Valdeorras Nazón

Luis Bará e o BNG son o mais franquista que existe en Galicia. Non poder vivir sen nombralo

1 Bobus

ti si que non podes vivir sen difamar, bobera

2 Pardao

Mariano tranquilo que ti seguro que terás unha rúa, como bó antigaleguista.

1 cesc

Seguro

1 Anti...

Que a mariana sexa un ignorante ou un pseufascista o mesmo dá, pasalle o mesmo cas linguas, só e quen de expresarse en castelán e mal. En Ourense é coñecida como o " zarabeto". Se o seu avó paterno estivese vivo devolveria as primeiras papas que enguliu.