Máis de 71.000 sinaturas piden no Parlamento apoio para o polémico centro comercial Porto Cabral en Vigo

Agora buscarán o apoio dos grupos políticos na Cámara autonómica e o apoio do Concello vigués

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2017 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Membros da Mancomunidade de Montes de Porto Cabral, en Vigo (Pontevedra), desprazáronse este venres á capital galega para presentar máis de 71.000 firmas nas que piden apoio para a construción dun centro comercial e de lecer nos terreos desa zona viguesa.

Firmas a favor do macrocentro comercial e de lecer en Porto Cabral
Firmas a favor do macrocentro comercial e de lecer en Porto Cabral | Fonte: Europa Press

Despois de rexistrar o total de 71.250 firmas, recollidas entre o 6 de xullo e o 24 de novembro deste ano, o presidente da comunidade de montes, Luís Rodríguez Pérez, explicou que actualmente a construción deste macrocentro está parada debido á paralización do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o que tamén causou problemas no caso da ampliación das naves de PSA na Zona Franca, para o que se buscou a vía da declaración de interese supramunicipal.

Desta maneira, os mancomuneiros impulsaron esta recollida de sinaturas "a nivel social", co obxectivo de que o Parlamento "convide á Xunta, e o Concello de Vigo tome consciencia" de que se faga este proxecto". Respecto diso, incidiu en que os promotores de Porto Cabral teñen previsto investir máis de 700 millóns de euros e crear máis de 4.000 postos de traballo.

"Cremos que é un investimento moi bo para a cidade de Vigo, mesmo para toda Galicia", destacou o presidente da comunidade de montes, quen reivindicou que esta recollida de sinaturas se relaciona" coa proposta que máis apoios recolleu en todo o Estado.

"Estamos a relacionarnos coa iniciativa que tivo máis apoio a nivel do Estado", manifestou, respecto do que argumentou que a proposta deste tipo que máis firmas recadou foi a iniciativa popular antidesafiuzamentos, que, en porcentaxe, obtivo a rúbrica do 0,030 por cento da poboación española.

Esta proposta de Porto Cabral, sinalou, ademais de superar as 41.000 iniciativas que recollera unha proposta sobre a sanidade pública en Lugo (hemodinámica), conta co apoio do "0,026 por cento" da poboación de Galicia.

ACTUACIÓN TAMÉN EN VIGO

Despois de pasar polo Parlamento de Galicia, os membros da plataforma a favor da proposición non de lei de iniciativa popular en apoio do proxecto de lecer e comercial de Liñeiriños regresaron a Vigo para entregar unha copia das máis de 70.000 firmas no rexistro municipal do Concello de Vigo.

Neste acto, o presidente da comunidade de montes de Cabral lembrou que, cos apoios solicitados, "as autoridades deben tomar nota deste clamor social", e que após a anulación da PXOM de Vigo "séguense desenvolvendo iniciativas por vías alternativas".

Ademais, confirmou que, a partir de agora, após entregar as firmas, poranse en contacto cos grupos políticos coa intención de que asuman a proposta e deféndana na Cámara galega. "Mentres eu sexa presidente da comunidade de montes, farase todo o posible para que salga adiante", sentenciou.

OPOSICIÓN A ESTE MEGAPROXECTO

O proxecto no está libre de polémica. Así, por exemplo, recentemente nacía a Plataforma Polo Comercio Local Non a Porto Cabral ,con máis de 1.200 membros e composta polo 80% das asociacións de comerciantes de Vigo, as que se suman centos de establecementos da área metropolitana. Unha unión cun único obxectivo: “defender o modelo de comercio de proximidade e a oposición ao proxecto de Porto Cabral”.

Anteriormente, o presidente da Comunidade de Montes de Cabral, Luís Rodríguez, un dos principais defensores do proxecto saía en defensa desta iniciativa empresarial. E facíao con contundencia. “Os que forman a minoría que se opón a Porto Cabral serán os primeiros en porse á cola para beneficiarse dos empregos”, dixo ao tempo que lamentou as "perogrulladas" e "intoxicacións" dos críticos con esta iniciativa.

Ademais, en relación a unha nova publicada por GC días antes, sinalaba que o monte de Cabral non corre ningún risco, porque aínda quedarían 25 hectáreas máis de terreo forestal e criticaba a vinculación "intencionada" que se fixo dos incendios do 15 de outubro co desenvolvemento de Porto Cabral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

Moitos cartos deben levar estas boas persoas que tanto se mobilizan por este proxecto ...En fin...Se en pleno século XXI aínda non quixemos comprender qué efecto teñen realmente as grandes superficies na súa contorna e sobre o emprego, adeus adeus...

2 Anti...

Que será o que van levar os mancomunados, fan ben oolar só polo se interese e é normal que o comercio local esteien contra. Que se den unha volta pola Coruña, pequeno comercio pechado e macro centros comercias ou pechados ou con perdas.

1 Montesío

Pola serra do Suído foron pedindo sinaturas para facer un pavillón deportivo en Cabral.