Máis que gorxas, tragadeiras

Descoñezo se Julian Assange usou ou non condón nas súas aventuras sexuais por Suecia. 

Por Diego E. Barros | Santiago | 17/12/2010

Comparte esta noticia

 Dos costumes suecos sei máis ben pouco, o que nos ensinara Alfredo Landa. A verdade é que non me importa o más mínimo. Últimamente é bastante difícil saber ónde acaba o sexo descontrolado e ónde comeza a (suposta) violación. Basta con poñer uns minutos Telecinco. No caso do derradeiro mártir da liberdade sobor de todo, tendo en conta a variedade de versións que circulan polos medios de comunicación, xa case que resulta imposible. Ten a súa coña que o home que voltou a poñer de moda as gorxas profundas sexa obxecto dunha caza por, din, o seu xeito de exploralas.

Despois do que andan soltando os cinco medios que teñen acceso aos papeis de Wikileaks, resulta conmovedora a reacción dos que critican esta forma de facer xornalismo que, hai tempo, era o único posible: contra o (calquera) poder.  Podo ser un desfasado mais lembro da carreira que se citaba un caso de manual chamado Watergate que facía que todos os aspirantes a xuntapalabras tiveran soños húmidos durante semanas. E non era cousa de Gorxa profunda, un clásico do cinema de serie onde os haxa, por moito que Linda Lovelace fora bastante máis guapa que Mark Felt, o ex sub xefe do FBI que lle soltara todo a Woodward e a Bernstein. Os tempos son tales agora que xa nin as filtracións están ben vistas para facer xornalismo. Aínda que delas parta, na maior parte das ocasións, eso que deron en chamar xornalismo de investigación. Ou eso, ou seguir ao diñeiro, aquela frase célebre de Ben Bradley aínda que agora, como pode demostrar o Gürtel, xa nin sequera é infalible.

O dos controladores pilloume no extranxeiro. Desde alí todo se ve demasiado lonxe. Á volta, ao entrar no primeiro bar, todo volveu á miña cabeza. Como un gran torrente de merda. E os políticos seguían aquí.

Se aos controladores sacáronlles o Exército á rua qué non se fará a próxima vez que os basureiros (merecedores dun salario igual ou maior ao dos anteriores) decidan deixar de recoller o lixo de todos.

A veces pensó que os controladores son coma os funcionarios. Qué ben que nos fan sentir a todos cando os foden un chisco.

Só teño unha dúbida: se coma di Blanco, o tráfico aéreo é un servizo público esencial, por qué o Estado pretende cederllo a empresas privadas? Contradiccións deste tipo son as que diferencian aos políticos da xente do común. Aí está Feijóo para demostralo: recorrer ao capital privado para a construcción do novo Hospital de Vigo fará que custe o doble que se o carto saíra íntegramente dos nosos petos. Pero por cuestións da austeridade feijooiana, “ao final” sairá máis barato. O noso, máis que gorxas sonche tragadeiras.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Diego Espiña Diego E. Barros (Forcarei, 1979) é xornalista. É licenciado en Filoloxía pola USC e en Xornalismo pola Carlos III de Madrid e ten un master en Estudos Culturais pola Western Michigan University. Anda a voltas cunha a tese doutoral sobre Banda Deseñada e Xornalismo polo que, tras o paso por varios medios galegos, agora só escribe, o que nos tempos que corren, non é pouco.