Intelectuais galegos apoian un manifesto en Cataluña que aposta polo “non aos recortes e non á independencia”

Impulsado por Recortes Cero-Os Verdes, reclama entrar no Parlament para traballar "pola unidade para redistribuír a riqueza".

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 04/12/2017 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Diversos diarios cataláns publicaron este domingo o Manifesto "Eu confío", con 450 sinaturas de distintos persoeiros da vida política, intelectual e social de Galicia e do Estado. Unha publicidade que, din, pagaron dos seus bulsos para impulsar un "novo espazo político" que ten coma obxectivo chegar ao Parlament para "que poida cambiar o terreo de xogo e ofrecer novos camiños".

Acto realizado por Recortes Cero
Acto realizado por Recortes Cero | Fonte: recortescero.com

Entre os asinantes deste manifesto está Xoán Bernárdez Vilar, escritor, historiador e ensaísta galego, académico correspondente da RAG. Xunto a el outros destacados xornalistas ou intelectuais como Antonio López (pintor), Juan José Millás (escritor), Javier Mariscal (deseñador), Fernando Schwartz (escritor), Luís Antonio de Villena (escritor), Manuel Galiana (actor), Raúl del Pozo (xornalista), Fernando Colomo (director), Miguel Hermoso (director), José Antonio Lobato (actor), Jorge Eines (director), Ramón Laga (actor), Antonina Rodrigo (escritora), Benjamín Forcano (teólogo), Carmen López Mercador (editora), Dolors Terradas (exdiputada de En Comú Podem), Pablo Jercog (investigador), José Enrique Martínez Lapuente (escritor), Antonio Orejudo (escritor), Juan Madrid (escritor), Antonio Hernando (investigador), Concha García (poeta), Ricardo Cano Gaviria (escritor e editor), Alicia Vela (pintora), Salvador Jofré (poeta e ensaísta) ou Rosa Lentini (poeta e editora, entre outros.

Os asinantes, como eles mesmos manifestan, proveñen de "diferentes tendencias e tradicións política de esquerdas", así como de diferentes sensibilidades, actividades e lugares, que se uniron para impulsar unha "alternativa de esquerdas" que di "NON á independencia, NON aos recortes, NON á corrupción" e que traballe "pola Unidade para Redistribuír a riqueza".

Con todo, este manifesto está vinculado ao movemento Recortes Cero, do grupo dos Verdes. Por iso, suliña que "é o momento de apostar por que nesta lexislatura estea presente no Parlament unha nova alternativa de esquerdas que poida cambiar o terreo de xogo e ofrecer novos camiños".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

8 Alexandre Carbalho

Recortes cero? Pero si todos os que asinan o manifesto están podridos de cartos e de poder. Non tenhen vergonha. Nunca a tiveron. Que vaian a mexar de campo. Podes non ser independentista pero nesa recolhida de sinaturas faltaba Bertín Osborne, que non quería que houbese máis "recortes". É que non hai por onde colhelos.

7 expaña e miseria intelectual

fascistas o servicio da monoarquia bobonica española e traidores a patria galega! - porque non sae correndo o vello -vieiras meteronlle o que lle meteron e por onde lle meteron e non di nada que triste pandilla o PODREIROS, están todos metidos nunha empanada de esterco toda esta pandilla de expaña TRAIDORES A GALIZA E O QUE SODES!!!! MARRANOS SIN CONCIENCIA DE PATRIA, ANIMAIS EXPAÑOPALETOS, APATRIDAS MISERABLES, SEFARDISTAS BASTARDIZADOS, ESCOURA PUTRIDA- aquí esta un intelectual de verdade - COTARELO - https://cotarelo.blogspot.com.es/20...

6 Antinostrus

Pois eu sempre pensei que eran da CIA e vai resultar que son da TIA....o cipaiomononeuronal do Nostrus (porcus) tén que andar aí metido, abofé........

5 Eu mesmo

Pois non entendo o titular en plural cando, a non ser por erro, só vexo ao Juan Bernárdez Villar (próxima denominación), arrexuntado con persoeiros vencellados a PRISA e co paraugas dunha organización moi sospeitosa xa antes comentada. PD: tamén podería asinala Pío Moa, antigo comunista do PCE(r)-Grapo

4 Liberdade

Os máis novos non saberán: https://es.wikipedia.org/wiki/Unifi... E por certo, por favor, por favor lede isto: http://www.publico.es/politica/ultr...