Nace un novo partido “galeguista e liberal”

Nos últimos meses en Galicia non deixan de proliferar partidos que pretenden ocupar o espazo galeguista e liberal. O último deles Converxencia Galega (CG) asentado, principalmente, en Lugo e na Coruña, con pretensións de ocupar o espazo popular. Vídeo promocional da nova formación no interior.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/12/2010 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Antes foron outros como Terra Galega, Converxencia XXI ou CDL os que se postularon tamén para ocupar un espazo que CG entende que se pode ocupar porque “boa parte da sociedade galega está farta e non se sente representada por ningunha das tres grandes formaciónns políticas do país”.

None

 Por iso, aposta por un “galeguismo interclasista, progresista no social e liberal no económico”. Pero vai máis alá e quere un “nacionalismo en positivo e integrador, aberto a toda á sociedade galega sen exclusións e cunha clara vocación europeísta e cosmopolita, traballando dentro do actual marco constitucional e estatutario”.

 

Este partido celebrou o seu congreso constituínte o pasado 24 de setembro en Compostela e adoptou unhas siglas que foron registradas hai case 20 anos e cedidas por unha serie de catedráticos lucenses.

 

Lugo e A Coruña

 

Precisamente, é en Lugo onde mellor está organizado con 20 comités locais; 13 hai na Coruña, 14 en Pontevedra e 2 en Ourense. Ademais ten previsto presentarse as próximas locais e xa ten constitucídas 26 listas; 8 en Lugo, 6 na Costa da morte, 5 en Ferrolterra, 5 en Pontevedra e 2 en Ourense.

 

Con todo, son conscientes das súas dificultades. “Somos conscientes de que por diante temos un camiño duro e cheo de adversidades”. Por iso afrontan este proxecto político “sen presas, cos pés na terra e unha perspectiva a medio-longo prazo, sen a pretensión de obter grandes resultados inmediatos”. 

 

“Analizar” aos seus militantes

 

A pesar de que algún dos seus militantes proceden doutras formacións políticas,  principalmente TEGA, insisten en que non “darán cabida a persoas que proveñan doutras formacións políticas e que nada teñen que ver connosco ideoloxicamente”. E para iso, “analizaremos previamente a traxectoria de toda persoa que queira integrarse no noso proxecto”.

 

Polo de agora, Xoán Gato, ex-alcalde de Narón e presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, apuntou a posibilidade de presentarse baixo estas siglas para ser candidato en Ferrol.

 

Velaquí un youtube promocional da nova formación:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

2 meendinho

Pois a mim nao me parez que "copiem" os princípios de CXXI. P.ex. no referente à defesa dos serviços sociais públicos (ensino, sanidade...) já que CXXI defende claramente o sector privado nestes âmbitos. O que é claro é que esse espaço está orfão e muitos o querem ocupar. Veremos quem.

1 O´Larry

Ao igual ca ti veño de comparar os principios ideolóxicos dos dous partidos e tamén noto bastantes diferenzas entre ambos. Non sei de onde sacan que está copiados. A min os de CXXI se me asemellan máis a un liberalismo centro-direita tipo made in USA. Os de Converxencia Galega semellan estar máis centrados

2 meendinho

efectivamente, ConGalega parez-me mais o PNV que aposta claramente pelos sectores públicos (só há que ver como funciona a sanidade pública em Euskadi) e os de CXXI aos de CiU. uns cristao-democratas ou social-liberais e os segundos liberais-democratas (efectivamente, os demócratas dos USA).

1 Pedro

Unhas pequenas apreciacións,1)empaza mestindo esta xente cando di " un novo partido" pois esas sigla xa foron rexistradas por outros fai tempo, que agora llas cederon a eles, de novo nada.2) son escindidos de terra galega, que ò seu tempo xa ò foran do pp, se miramos na web vemos claramente como seguen tendo o mesmo "logo" un pouco mais actualizado. E 3) se vos detedes a ler os seus relatorios è propostas tamèn se detecta facilmente que estan copiadas das de converxencia XXI, ou sexa que non aportan nada novo.Por certo quen è o secretario xeral ??, nada se sabe...

1 Pedroulo

A ver pedriño, 1) esas siglas nunca foron utilizadas. Só foron rexistradas. Entendes a diferenza? 2) Escindidos de TeGa son algúns....Que xa o foran do PP? Ui, dime nomes por favor...porque Gato procede do PSG-EG, logo Unidade Galega, despois Unidade por Narón. O logo?? se o único en que se parece ao de TEGA é en que os 2 son redondos!!! En Italia a inmensa maioria dos logos dos partidos son redondos...entón tamén se debe parecer a inmensa maioría dos logos dos partidos italianos? 3) Copiadas de quen? en todo caso serán mais semellantes aos que xa tiñan en TEGA...que xa existía antes de converxencia XXI....4) Secretario xeral...Xan García Pouso...se aparece na sua web dando a benvida.....non o viches? E digo eu que xa que es tan crítico por que non nos falas do pasado político do carliños padín...do seu paso pola UPG, despois por unidade galega, e despois polo PNG_PG do que foi EXPULSADO…