Temas: GRIPE

A gripe tamén chega ao Parlamento galego

O presidente da Cámara anima a vacinarse contra a gripe e deputados e deputadas seguen a recomendación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2017 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Desde primeira hora deste martes, varios deputados da Cámara galega acudiron a vacinarse, como o fixeron, entre outros, a socialista Patricia Vilán, a popular Raquel Arias, Manolo Lago (En Marea), ou o nacionalista Xosé Luís '.

Campaña de vacinación no Parlamento de Galicia
Campaña de vacinación no Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

Previamente, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, visitou, xunto ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, o servizo médico da Cámara para interesarse pola campaña de vacinación antigripal e animou á poboación a protexerse deste virus, especialmente, á poboación con risco de complicacións no caso de padecer este proceso vírico..

Así, o presidente da Cámara insistiu en que "o efecto preventivo da vacina é moi elevado" e explicou que, desde o Parlamento foméntanse estas prácticas, porque a Cámara "está sempre a carón dos problemas da sociedade".

Durante a visita de Santalices, foi administrada a vacina a varios deputados da Cámara, nun acto no que tamén participou o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez.

Temas: GRIPE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta