Un deputado do PP a traballadoras obrigadas a desprazarse 50 km: “Seguen indo á mesma igrexa, misa e enterros”

CCOO pide xa a renuncia do deputado popular Carlos López Crespo por “amosarse máis preocupado” por defender o Grupo Calvo que “a unhas traballadoras e a unha localidade como Esteiro”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/12/2017 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

“Seguen indo comprar ao mesmo supermercado e mesmo van á mesma igrexa, á misa ou aos enterros”. Deste xeito despachou o parlamentario do PPdeG Carlos López Crespo o traslado forzoso de varias traballadoras do Grupo Calvo en Esteiro a outra planta que a conserveira ten en Carballo, o que implica moverse máis de 50 quilómetros.

Traballadoras da conserveira Calvo
Traballadoras da conserveira Calvo | Fonte: CIG

Unhas declaracións polas que Comisións Obreiras (CCOO) pediu xa a renuncia deste deputado “por inxuriar o sindicato e faltarlles ao respecto ás traballadoras”. De feito, o secretario xeral da central sindical, Ramón Sarmiento, rexistrou xa no Parlamento un escrito no que pide unha xuntanza co presidente da Cámara autonómica e esixe as desculpas de López Crespo.

Foi este luns, 4 de decembro, cando no marco da discusión dunha inicitiva na Cámara, o parlamentario popular acusou a CCOO de mentir en relación co peche da planta que a conserveira posúe en Esteiro e o traslado do persoal a Carballo. “O deputado tamén lles faltou ao respecto ás traballadoras pois tentou minimizar un traslado forzoso a máis de 50 quilómetros aducindo que as traballadoras seguen indo comprar ao mesmo supermercado ou incluso van á mesma igrexa, á misa ou aos enterros”, indicou o sindicato.

Por iso, considera “indignante” que un “representante do pobo” se amose máis preocupado por defender un grupo empresarial que o ano pasado facturou máis de sesenta millóns de euros que a uns traballadores e a unha localidade “xa moi castigada” como é Esteiro. “Tamén é vergoñento que para defender as súas teses intente inxuriar unha das principais organizacións sociais do país e, peor aínda, que o faga faltándolles ao respecto ás persoas afectadas por unha decisión empresarial”, dixo.

CONFLITO LABORAL EN ESTEIRO

O pasado venres, día 1 de decembro, comezou o período de consultas entre a empresa e a parte social respecto do futuro da planta de Esteiro. Hai convocadas dúas novas xuntanzas, a derradeira delas o vindeiro 14 de decembro. Nese momento rematará o período de consultas e a empresa comunicará a súa decisión final.

CCOO defende que calquera acordo que se produza durante este período de consultas sexa sometido á votación de todo o persoal en asemblea, observación que a empresa rexeitou polo momento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Anónimo

Ese " tanta leria" fala tonterías, eu como ciudadano do pueblo afectado podo decir que e unha catástrofe para esteiro, xq non solo estamos a falar dos que se van para Carballo, os que estaban a contrato non teñen esa opción e son bastantes. As palabras de Crespo están fora de lugar, e teñen mais delito sendo alcalde do pueblo do lado, o cual tiña bastantes traballando en Calvo que ahora se quedarán sin traballo.

4 Anti...

Iste é coma o deputado do pepé de Madrid que se meteu na política pra arrañarse os c...

3 Rafael

Tanta leria ? Non creo que teaballaras na tua vida...seguramente chegate coa pension de mama e a mosca da aboa Brabucon

1 Tanta leria

Si si, campeón funcionariete, sempre falan os indicados. Autònomo son de toda a vida, farto de manter lapas coma ti e farto de ver como a xente se queixa por todo. Menuda lendia seguro que es, un liberado sindical deses tes pinta. Veña traballar.

2 Yate

Porque protestas contra este señor si luego le votais al pp

1 Tanta leria

uUhhhhh..... 50 Km..... mimá. Pois non sei como facemos os demais cando xuntamos 500 Km ao día facendo choios ou máis. Se teñen algún problema que se vaian, póñense de autónomas ou montan unha conserveira ao lado da casa e listo..... ai non!!! espera.... que é mellor recibir os cartiños a fin de mes na conta e proptestar cando a un lle peta... Veña home... a traballar e senón a put... calle.

1 Pedro P

Vaia, ou te trabucaches ou eres un irresponsable pois, estase a loitar por postos de traballo e ti "supoño que eres autónomo", non me importa en que ramo, pero ven xexa de estas persoas en concreto ou de outras "VIVES DELES TODOS", pois e esta xente a que che da traballo de unha forma ou de outra. Intenta recuperar as primaveiras que che quedaron atras e con elas o sentidiño que perdiches

2 anonimo

Tes razón, Tanta leria! ¿Por qué non voltamos ás condicións laborais do século XIX? Non sei de qué protesta a xente... ben que queren os cartiños a fin de mes...nada de salarios mínimos, vacacións pagas, desemprego, pensións, educación nin saúde públicas, e voltemos ás xornadas de 18 horas... Eso sí, os impostos a seguilos pagando os traballadores como agora; ás grandes empresas e fortunas, mellor quitarllos directamente-así aforran o traballo de evadilos en Paraísos Fiscais...

3 Tanta leria

Pedro P. Primaveras as que che levo de ventaxa campeón. Aquí falamos de comodidades e falta de sacrificio non de postos de traballo. A min este tipo de xente non me da un peso, son ratas para todo. Eu gañoo da xente traballadora non de lendias acomodadas. Movilidade laboral se chama. Menudo fato de sindicalistas e funcionaretes hai neste país, lendias.

4 Traballadora afectada de calvo

Eres ,no meu pensar un maleducado,non imos para Carballo por gusto ,pero temos que ir se queremos manter a familia,ademais non e polos 70 km que non son 50 ,se non polo ,descaro e mala resposta do noso ex-alcalde o señor Carlos Crespo ,señor diputado do pp se imos a enterros ou as compras ou de viaxe e paseo imos por gusto,e sen presas non obligados ,solo os ignorantes coma ti se pode alegrar do mal alleo. Se te desplazas ti ,sintoo pero nos tampouco che temos culpa ,espero que ti polo menos no teu traballo superes os 900 € o mes,ademais moita xente non pode continuar traballando pola distancia que a separa da familia por motivos da saude e idade desta. SOLO CHE PIDO RESPECTO PARA A XENTE TRABALLADORA

5 Morriñagalega

Leyendo a algunas "personas" o personajillos que insultan con sus comentarios a trabajadores honrados , mal pagados, entiendo porqué en galicia gobierna el partido mas corrupto de europa. Siento verguenza de personas que piensan que por ser autónomos , ellos toenen todos los derechos y los trabajadores a sueldo , bien sea para ellos u otros, somo deben de tener o obligaciones, somos el oais de europa con menos salario y menos protecciones sociales , y aun así gente sin escrúpulos piensa que deberiamos de tener menos.... So mea deseo que k les vaya.mal y tengan que teabajar por 800€ al.mes y con lis derechos que ellos piden para los demás..

6 Xenxo

Penso que non e problema nighun si a empresa pon o transporte pa xente i paga o tempo do viaxe