A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, “o espazo transfronteirizo mellor definido en Europa”

Economistas da Universidade de Vigo salientan a capacidade deste territorio para "integrar os dous pobos con máis afinidades históricas e culturais de Europa".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/12/2017 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é, "probablemente, o espazo transfronteirizo mellor definido en Europa". Así o afirman os economistas Xulio X. Pardellas e Carmen Padín, do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal
Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal | Fonte: Xunta.

Os economistas aseguran que, polo tanto, "non debe estrañar que a cooperación transfronteiriza e a construción aquí dunha eurorrexión tivese desde finais dos anos 80 evidentes factores favorables, tanto desde a perspectiva institucional, como social, para limitar, cando non eliminar, o negativo «efecto fronteira» e integrar os dous pobos con máis afinidades históricas e culturais de Europa".

Con todo, malia os avances desta eurorrexión, consideran que "este espazo común non é homoxéneo" e sinalan unha "dimensión dual da súa estrutura de relacións".

Así, por un lado salientan que nos dous últimos séculos se evidenciou un "marcado acento atlántico na evolución das dúas rexións" que foi "favorecido polas condicións moito máis favorables das infraestruturas de comunicación próximas ao litoral, que unían as principais cidades" galegas e portuguesas.

Pola contra, destacan que "o eixo interior apenas servía para unha relación fronteiriza moi puntual e con moito menos comercio entre as propias cidades virtualmente configuradoras dese eixo". 

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha
Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha

Foi  a partir da integración de Portugal e de Galicia na Comunidade Europea, a mediados da década de 1980, cando primeiro a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e máis tarde o Eixo Atlántico foron as dúas entidades claves para consolidar o proceso de construción do espazo común da eurorrexión". 

O modelo da Comunidade de Traballo, recordan, estaba fundamentado nunha "xestión da cooperación fronteiriza máis interesada en eliminar as barreiras físicas das vellas fronteiras como factor básico para favorecer o desenvolvemento".

Xa coa constitución do Eixo Atlântico do Noroeste Peninsular, creado en 1992 co apoio da Comisión Europea, configurouse un "lobby ante Bruxelas para atraer cara a este territorio fondos europeos e investimentos empresariais".

"Parece obvio que os seus obxectivos en realidade eran complementarios e superadas as diferenzas entre as entidades e finalmente integrado o Eixo Atlántico na Comisión de Traballo a mediados da década de 2000, os resultados parecen ser cada vez máis positivos para o conxunto do territorio", explican Pardellas e Padín.

Con todo, recoñecen que se pode observar de novo unha "certa asimetría no protagonismo institucional das dúas entidades, cunha clara inclinación cara ao Eixo Atlántico", o cal, coa súa "maior dinámica non parou de crecer en municipios membros en todo este período, pasando dos seis fundadores ata os 36 integrantes na actualidade".

A EUROCIDADE CHAVES-VERÍN

Pardellas e Padín analizan tamén un dos grandes logros da Eurorrexión, a configuración da eurocidade Chaves-Verín, como "construción exemplar dun espazo transfronteirizo común".

"A eurocidade Chaves-Verín é probablemente o mellor exemplo da cooperación transfronteiriza na eurorrexión, e os seus principais eixos de intervención, a eurociudadanía, un territorio sustentable e a dinamización económica, teñen a coherencia do obxectivo xenérico dunha nova identidade social cun desenvolvemento conxunto", subliñan os economistas.

RETOS

Malia todos os logros acadados, que fixeron que "probablemente, o territorio conxunto constituído por Galicia e a Rexión Norte de Portugal sexa o espazo transfronteirizo mellor definido en Europa, tanto pola súa historia común, como por factores culturais, idiomáticos e de relacións sociais", os autores avisan de que desde o punto de vista da eficiencia no uso dos recursos, "aínda falta unha formulación clara de reordenación territorial nas dúas marxes do río Miño". 

"A singularidade e innegable mellora das infraestruturas de comunicación para persoas e mercadorías, favorece o funcionamento do libre mercado, pero o uso futuro que se faga das axudas europeas (probablemente as últimas que recibamos como territorio de preferencia), no actual período financeiro 2014-2020, será decisivo nunha ou outra dirección", alertan os economistas nun traballo publicado no último número de Polígonos, Revista de Geografía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

2 u4DC

A fronteira máis antiga do mundo é o Miño, a primeira ponte pra cruzalo é de 1880, en longos séculos non había nin relacións. Así que menos chiringuitos e o que queira ser portugués que cruce o Miño.

1 Bríxida

Carallo, pois se non había comunicación debían berrar ben, porque falaban a mesma lingua e tiñan a mesma cultura nas dúas bandas do río.

2 Ttttt

Si, a cultura común eran as corridas de touros portuguesas ata o século XIX, común entre Portugal e a España do sur, con quen semellan ter moitas similitudes.

1 Gamela

Menos lerias e máis dar trigo... O único que está meridianamente claro é que o Eixo Atlántico serve para que existe un SECRETARIO VITALICIO e unha chea de alcaldes (36) comendo merendas a cargo do erario público Galego-Portugués !!! E mira que levamos anos, sen siquera recibir o sinal da RTVPortuguesa na Galicia !!! Non sei se os portugueses poden ver Lúar !!!

1 bszn

e que a contaminación española "mola" e a RTP é un perigo, igual despertan esos gallegos

2 Nastaha Rostova delasRestrevas

Coincido con Gamela. Non hai interese nin a un lado nin ao outro. As cousas son coma son. Podendo ser unha potencia rexional en Europa andamos nestas. Claro que cunha hesquerda liderada por quen di digo, dúas horas despois diego, mañá a saber e fai preguntiñas coma as da señora Senra... Mellor xa nin nos cuestionamos se é posible cambiar algo... Francamente eu creo que non. http://www.sermosgaliza.gal/articul...

3 A verdade

"E mira que levamos anos, sen siquera recibir o sinal da RTVPortuguesa na Galicia !!! Non sei se os portugueses poden ver Lúar !!!", con este comentario queda claro o que sabes ti do norte de Portugal e do sur de Galicia. A RTVPortuguesa xa fai ben anos (15 ou máis) que chega polo menos ata Forcarei (se non coñeces xeografía galega mira no Google) e o Luar vese cando menos ata Castro Daire (usa o Maps de novo) polo menos outros 15 anos. Por non falar da fluida colaboración entre empresas na zona. Menos latricar e máis viaxar.

4 Gamela

A verdade alégrome de saber que en Forcarei alguén ten unha parabólica !!! Eu refírome á TDT terrícola e común a tódolos cidadáns de base... Tamén supoño que podemos conectar vía Internet... Pero ao mellor en Vigo non somos quen de sintonizar o mesmo que sintonizan os de Forcarei... ?