Outra vez dificultades para mercar un piso en Galicia tras a suba do prezo da vivenda

A vivenda en Galicia tivo en novembro un prezo medio de 1.584 euros por metro cadrado, subindo un 0,32% respecto ao mes de outubro. É o terceiro repunte máis importante producido en todo o Estado. Con 2.111 euros por metro cadrado, A Coruña foi a sexta capital de provincia máis cara de España.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/12/2017 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Comprar un piso en Galicia volve ser unha tarefa complicada. En novembro de 2017 tivo un prezo medio de 1.584 euros por metro cadrado. Esta cifra rexistrou un ascenso da 0,32% fronte ao pasado mes de outubro. Interanualmente, produciuse unha subida do 6,17%. Foi o terceiro repunte máis pronunciado do país.

Pisos en construción
Pisos en construción

Galicia foi a sétima autonomía máis cara do Estado, por detrás de País Vasco (2.598 m²), entre outras. En canto á vivenda de segunda man en España, en novembro de 2017 rexistrou un prezo medio de 1.569 euros por metro cadrado, tendo unha subida mensual do 0,45%. Dun ano a outro, o ascenso foi do 1,35%. Son datos do informe mensual de prezos de venda de www.pisos.com de vivenda de segunda man.

A CORUÑA, SEXTA CIDADE MÁIS CARA

Mensualmente, a provincia da Coruña (0,65%) rexistrou o terceiro ascenso máis marcado de Galicia, mentres que Lugo (-0,72%) foi a oitava provincia española que máis se axustou neste período. Respecto ao ano pasado, todas as provincias de Galicia caeron, marcando Ourense (-30%) o descenso máis intenso. Pontevedra (1.408 m²) foi a décimo sexta provincia máis cara do cómputo español. Pola súa banda, Lugo (1.236m²) foi a máis alcanzable de Galicia.

En canto ás capitais galegas, Pontevedra (0,32%) foi a duodécima capital española que máis subiu fronte a outubro, mentres que A Coruña (-1,12%) rexistrou o segundo maior axuste do Estado. Dun ano a outro, Pontevedra (0,32%) tivo o menor repunte de España. Pola súa banda, Lugo (-5,73%) foi a undécima capital española que máis se axustou. Con 2.111 euros por metro cadrado en novembro de 2017, A Coruña foi a sexta capital de provincia máis cara de España. No lado oposto, estivo Lugo (1.193 m²) como a duodécima máis alcanzable do país.

Varias vivendas en venda
Varias vivendas en venda

PREZO DA VIVENDA, EN ALZA

Deste xeito, a vivenda continúa a súa progresiva tendencia á alza. Segundo Miguel Ángel Alemany, director xeral deste portal, “os incrementos seguen unha liña moderada e estable, o que xeraría unha atractiva revalorización se se pretende vender nuns anos ou uns excelentes rendementos en caso de envorcar o inmoble ao mercado do aluguer”.  “O investimento inmobiliario gana forza, colocándose por encima doutras alternativas menos seguras”, engade.

En canto á evolución das grandes capitais, o directivo sinala que “é normal que estes focos rexistren as subidas máis marcadas porque é onde se concentra a demanda”. No entanto, Alemany explica que “é importante que se libere o suficiente chan finalista para que os prezos de venda non se vexan presionados”. Con todo, cre que a oferta hipotecaria actual favorece a adquisición de vivenda xa que a banca está a ser moi activa respecto da concesión de créditos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta