Democracia Ourensana denuncia que a Deputación quere cobrar a taxa de extinción a afectados pola vaga de incendios

Democracia Ourensaba presentará no próximo pleno da Deputación unha moción que pide a anulación das taxas do servizo de extinción de incendios para os afectados pola vaga de lumes no municipio de Carballeda de Avia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2017 | Actualizada ás 18:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Democracia Ourensaba presentará no próximo pleno da Deputación unha moción que pide a anulación das taxas do servizo de extinción de incendios para os afectados pola vaga de lumes no municipio de Carballeda de Avia.

E é que, segundo informou nun comunicado, o partido dirixido por Gonzalo Pérez Jácome recibiu nos últimos días queixas de veciños "sumamente indignados" aos que lles chegou unha notificación de que ingresen esta taxa do servizo. En ocasións, a factura reclama até 800 euros a persoas "que viron como lles ardía a súa vivenda".

"Entendemos que en ningún caso procede a aplicación desta taxa e pediremos que se anulen estas liquidacións, así como que se revise a propia ordenanza que dá pé á súa aplicación", explicaron.

Para Democracia Ourensana, este cobro é unha "broma macabra" dunha Deputación que "non estivo á altura das circunstancias aqueles tristes días" pero que, en contraposición, "actuou cunha sorprendente celeridade pretendendo cobrar a factura".

Na moción, a formación refírese á ordenanza publicada no Boletín Oficial da Provincia, que exime do cobro deste servizo "en casos de catástrofe ou calamidade pública oficialmente declarada". Para a formación, a situación da vaga de incendios de outubro "entra claramente neste suposto".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta