Un neno resulta ferido ao chocar dous turismos en Verín, pero o seu estado non reviste gravidade, segundo o 112

Un neno resultou ferido de carácter leve esta tarde despois de chocar dous turismos no lugar de Ábedes, no municipio ourensán de Verín, segundo informa o 112.

OURENSE | 06/12/2017 | Actualizada ás 19:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un neno resultou ferido de carácter leve esta tarde despois de chocar dous turismos no lugar de Ábedes, no municipio ourensán de Verín, segundo informa o 112.

Ao redor das 17,00 horas un particular alertou ao 112 Galicia do accidente e indicou que, debido ao golpe, un neno que viaxaba nun dos vehículos resultara ferido, aínda que non parecía revestir gravidade.

Por conseguinte, pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e informouse do suceso á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil da localidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta