Rescatados sans e salvos dous mozos despois de caer á auga porque envorcou a súa embarcación en Noia (A Coruña)

Efectivos do Servizo de Protección de Noia rescataron a tarde deste mércores a dous mozos que caeran á auga ao envorcar a embarcación coa que navegaban, segundo informa o 112.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2017 | Actualizada ás 19:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Efectivos do Servizo de Protección de Noia rescataron a tarde deste mércores a dous mozos que caeran á auga ao envorcar a embarcación coa que navegaban, segundo informa o 112.

Un particular alertou do suceso sobre as 18,00 horas e indicou que unha embarcación pequena de remos envorcara ao final do Paseo Marítimo, preto da Ponte Nova e os dous tripulantes caeran á auga.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) puxo en alerta ao persoal de Salvamento Marítimo, Servizo de GardaCostas, 061 e á Garda Civil. No transcurso da chamada, axentes da Policía Local indicaron que se dirixían neses momentos ao lugar, así como os efectivos de Protección Civil cunha zodiac.

Os dous mozos puideron ser rescatados polos membros do Servizo de Protección Civil. Segundo indicaron, atopábanse ben pero con moito frío, polo que ían ser trasladados até o Porto de Testal.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta