Como axudar a defender a sanidade pública da Mariña

A Plataforma Sanitaria percorrerá todos os concellos desta comarca de Lugo en varias etapas e tres itinerarios alternativos para pedirlle a Xunta que a sanidade é de todos.

Por Galicia Confidencial | Viveiro | 07/12/2017 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

A Plataforma Sanitaria está decidida a defender a sanidade pública sexa como sexa. E a única solución é apelar á conciencia dos cidadáns. Por iso, realizará este mes de decembro unha caravana de coches que, co nome xenérico de CARAVANA  POLA SANIDADE PÚBLICA,  percorrerá  A  Mariña  en tres etapas, comezando o vindeiro sábado 9 de decembro.

Hospital público da Mariña
Hospital público da Mariña

Cada etapa desenvolverase simultáneamente en tres itinerarios , occidental, oriental e central, de xeito que se percorrerá a comarca ao completo. A etapa deste vindeiro sábado 9 de decembro, ten como itinerario oriental Ribadeo-Barreiros, a  ruta central será Trabada-Lourenzá- Mondoñedo e o occidental Viveiro- Xove, con saída ás 11 da mañá.

O itinerario Ribadeo – Barreiros  sairá da Praza do Mercado de Ribadeo e remata no Centro de Saúde de Barreiros. Á mesma hora sae o itinerario central dende a Praza do Concello de Trabada, pasará por Lourenzá e desde aquí se dirixe cara ao Centro de Saúde de Mondoñedo, donde remata.Da parte occidental da Mariña , tamén ás 11 horas, sae o terceiro itinerario dende o Pavillón de Deportes Municipal de Viveiro para chegar ao Centro de Saúde de Xove.

Da segunda e terceira etapas a celebrar  só trascenderon as rutas , que serán Barreiros- Foz, Mondoñedo- Valadouro e Xove-San Cibrao o sábado 16 de decembro , sendo as saídas do sábado 23 respectivamente Foz, Valadouro, e San Cibrao para rematar todas diante do Hospital da Costa.

PARTICIPACIÓN

“Desde a Plataforma Sanitaria animamos a todas e todos @s veciñ@s da comarca a participar neste acto reivindicativo na defensa da sanidade pública que solicita ao Goberno da Xunta de Galicia a retirada do Anteproxecto de modificación da lei 8/ 2008 de Saúde de Galicia que conducirá á desaparición da Área Sanitaria da Mariña”, apunta a entidade nun comunicado.

Así, suliña que as consecuencias da eliminación da Área Sanitaria serán “devastadoras” para a comarca, pois aumentarán ainda máis as derivacións a Lugo de xeito obrigatorio, “non como agora que é voluntario baixo advertencias de ir ao final das listas de agarda”. Segundo indica, estes deplazamentos corren ao cargo do paciente ou familiares que, a maiores, teñen que percorrer 100 quilómetros por “unhas estradas obsoletas , motivos máis que suficientes para que se manteña a área sanitaria, do mesmo xeito que se mantén a de Ferrolterra”.Por iso, con esta iniciativa pretenden, ademais de dar unha chamada de atención sobre a situación da sanidade pública, reclamar tamén a construcción do Corredor Barreiros-San Cibrao .

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta