Ferida unha persona após ser atropelada nun paso de peóns Narón (A Coruña)

Unha persona resultou ferida após ser atropelada por un turismo na mañá deste xoves nun paso de peóns no termo municipal de Narón (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2017 | Actualizada ás 13:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persona resultou ferida após ser atropelada por un turismo na mañá deste xoves nun paso de peóns no termo municipal de Narón (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o atropelo tivo lugar este xoves nun paso de peóns situado á altura do número 174 do Alto do Castiñeiro, en Narón.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) tivo constancia dos feitos sobre as 11,30 horas deste xoves a través do persoal de Urxencias Sanitarias.

Após iso, o 112 Galicia solicitou a colaboración da Policía Local e de Protección Civil. Tamén, os Bombeiros de Narón foron informados.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia asistencial que levou á persona ferida o Hospital Juan Cardona, sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.

INCENDIO COCHE

Por outra banda, os Bombeiros de Boiro (A Coruña) extinguiron na mañá deste xoves un incendio que calcinou un turismo na súa totalidade. Ás 12,00 horas o condutor chamou ao 112 Galicia para indicar que circulaba á altura de Bealo, e o coche empezara a arder polo motor.

Con estos datos, o 112 pasou aviso aos membros do parque comarcal e tamén se puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico e de Protección Civil. Segundo informaron os Bombeiros, o coche ardeu na súa totalidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta