Un galego subcampión de Europa

Alex Vidal, do Natural Sport Riveira e campión do mundo en outubro en Londres, acada a medalla de prata do Europeo de parataekwondo en Bulgaria tras caer na final co francés Bopha Kong na categoría K34 de menos de 61 quilos.

Por gcdeportes | Ribeira | 07/12/2017 | Actualizada ás 21:04

Comparte esta noticia

O galego Alex Vidal (K34, -61 quilogramos, Natural Sport Riveira) acadou este xoves a medalla de prata do Europeo de parataekwondo que se disputou en Sofía (Bulgaria). O galego caeu na final contra o francés Bopha Kong, despois de superar nas semifinais ao ruso Kadibagama Omarov.

Espectacular a campaña de Álex Vidal, que a semana pasada tamén foi prata nos Xogos IWAS, que se disputaron en Portugal, onde tamén caeu ante o francés Bopha na gran final.

Nos últimos dous meses, ambos os dous taekwondistas enfrontáronse en tres ocasíóns, con triunfo para o galego na cita máis importante, o Mundial de Londres en outubro. Álex encabeza o ranking cara á clasificación para os Xogos Paralímpicos de Tokyo'2020, onde debutará o taekwondo como modalidade paralímpica.

Manuel Barros, María Bautista e o medallista Álex Vidal.
Manuel Barros, María Bautista e o medallista Álex Vidal. | Fonte: Fegatae

A tripla participación galega no Europeo de Sofía completouse con Manuel Barros, xuíz clasificador de parataekwondo, e María Bautista, xuíza internacional galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pondaliao

Individualmente somos os mellores, colectivamente está por ver.