Prisión preventiva para un veciño do Porriño por ameazas á súa exparella

O detido retivo a un amigo da moza cunha pistola de fogueo para preguntarlle sobre as súas relacións sentimentais e despois foi pillado 'in fraganti' pola Garda Civil mentres a ameazaba a ela en Salvaterra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2017 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O xuíz de garda enviou a prisión preventiva a un veciño do Porriño (Pontevedra) que ameazou á súa exparella e intimidou cunha pistola de fogueo a un amigo para interrogalo sobre as relacións sentimentais da moza, segundo informa a Garda Civil. O detido, que responde as iniciais J.M.L., de 46 anos, pasou este xoves a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas (Pontevedra), que decretou o seu ingreso preventivo na prisión da Lama, acusado de senllos delitos de ameazas de violencia machista e detención ilegal.

Detido en Salvaterra por violencia machista
Detido en Salvaterra por violencia machista | Fonte: Europa Press

A madrugada do xoves, o home foi detido 'in fraganti' pola Garda Civil de Salvaterra de Miño mentres intimidaba e ameazaba á moza coa que mantivera unha relación sentimental.

A muller, que é veciña de Salvaterra do Miño, fora interceptada pola súa anterior parella sentimental cando se dirixía co seu coche ó seu domicilio. A moza, que xa recibira por WhatsApp varias mensaxes ameazantes durante esa mesma noite, ía acompañada dun amigo e viuse obrigada a parar cando se lle cruzou na rúa outro vehículo no que circulaba o seu exmozo.

INTERROGATORIO SOBRE AS RELACIÓNS DA MOZA

Segundo explicou ó Garda Civil, o home baixou do coche e ameazou cunha arma ó mozo que acompañaba á moza, golpeándoo e intimidándoo para que se apease do vehículo, ata que conseguiu levalo no seu propio coche até unha zona deshabitada próxima ó centro urbano de Salvaterra. Alí someteuno a "un tenso interrogatorio" para que lle informase sobre as relacións sentimentais que tiña a moza, "baixo serias e contundentes ameazas de morte". Ó finalizar este episodio, o agresor deixou ó mozo no monte, que tivo que desprazarse a pé até a súa casa.

A continuación, o detido foise até o domicilio da moza en Salvaterra, onde lle gritou de forma intimidatoria desde a rúa para que baixase, coa ameaza de que, se non o facía, lle pegaría un tiro ao seu amigo, xa que lle fixo crer que o tiña no maleteiro do coche.

A situación concluíu sen consecuencias máis graves coa chegada dunha patrulla de seguridade cidadá do posto da Garda Civil de Salvaterrado Miño, que procedeu á detención 'in fraganti' do home. No interior do seu vehículo localizouse, agochada nun habitáculo, a arma coa que intimidara ó amigo da moza, que resultou ser unha pistola detonadora, cun cartucho de fogueo na recámara e outro no cargador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta