"Que non nos pite máis"

O Celta cae 2-1 co Valencia tras encaixar un gol de penalti a dez minutos do final. “Decisiones arbitrales nos jodieron el partido”, denunciou Jonny. “Debe tener algo contra nosotros; espero que la Liga no nos lo ponga más”, laiouse un indignado Iago Aspas, autor do tanto celeste, sobre o árbitro andaluz Munuera Montero.

Por gcdeportes | Vigo | 09/12/2017 | Actualizada ás 23:42

Comparte esta noticia

“Nos han robado, sinceramente. Es un penalti injusto. Siempre nos pasa lo mismo con Munuera. Ya viene de atrás. Siempre que arbitra esta persona pasa algo raro. Por favor que no nos pite más”, dixo o capitán Hugo Mallo. “Es que con este hombre siempre nos pasa lo mismo! Ya nos pasó en anteriores jornadas, el año pasado con el capitán cuatro partidos… Debe tener algo contra nosotros. La próxima vez pediremos jugar con la tercera equipación a ver si no se da cuenta de que somos el Celta de Vigo. No se puede pitar un penalti así. Espero que la Liga no nos lo vuelva a poner más", declarou un Iago Aspas indignado. “Jodidos, bastante jodidos. Decisiones arbitrales nos jodieron el partido. Es imposible no hablar de los árbitros. Tenía ganas de pitarlo”, apuntou Jonny.

O árbitro Munuera Montero ensina tarxeta amarela a Maxi Gómez.
O árbitro Munuera Montero ensina tarxeta amarela a Maxi Gómez. | Fonte: lfp.es

Nun partido vibrante, un bo Celta non puido acadar ningún punto na súa visita a Valencia. “Hicimos méritos para empatar mínimo el partido, incluso tantas opciones como el Valencia para ganarlo. Otra vez un penalti, que desde el banquillo no he visto claro, pero si he visto otras dos jugadas parecidas en el otra área que no se señalaron”, apuntou o técnico Juan Carlos Unzué.

Tivo boas ocasións o Valencia no arrinque, e Vezo rematou ao pau xa no minuto 2. E dúas máis claras á contra con remates de Carlos Soler e Gayà sen éxito. O 1-0 chegou nun córner que Zaza rematou coa testa no primeiro pau no minuto 28. Ata o descanso, control celeste, e a mellor ocasión: un centro de Pione Sisto dende a esquerda e remate coa testa de Iago Aspas para a gran parada de Neto.

Nada máis principiar o segundo tempo, aos 45 segundos, o empate, tras unha recuperación de balón e un rexeite que aproveitou Aspas para marcar. Co 1-1, o balón, como na primeira metade, era do Celta, aínda que sen moitas chegadas, pero servía para evitar as contras do equipo local.
Malia que tiña as ideas claras e xogaba en campo rival, o gol celeste non chegou. E cando máis sufría o Valencia, o árbitro sinalou penalti nunha xogada entre Tucu Hernández e Nacho Gil, e Parejo puxo o 2-1, aínda que Rubén case detivo o disparo. A decisión arbitral descentrou o Celta, que non tivo tempo para empatar de novo o partido.

Ficha técnica
Valencia 2:
Neto; Montoya, Vezo, Paulista, Gayá, Carlos Soler (Nacho Gil, 60’), Kondogbia, Parejo, Andreas Pereira (Maksimovic, 89’), Rodrigo (Santi Mina, 66’) e Zaza.
RC Celta 1: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Cabral (Guidetti, 84’), Fontàs, Jonny; Daniel Wass, Lobotka, Tucu Hernández; Pione Sisto (Emre Mor, 81’), Iago Aspas e Maxi Gómez.
Goles: 1-0: Zaza (minuto 28). 1-1: Iago Aspas (46’). 2-1: Parejo, de penalti (81’).
Árbitro: Munuera Montero (andaluz). Amarelas a Zaza e Kondogbia no Valencia e a Maxi Gómez, Hugo Mallo, Iago Aspas e Fontàs no Celta.
Incidencias: partido da 15ª xornada de Liga disputado en Mestalla ante 35.633 espectadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pondaliao

Deixade de queixarvos. O que hai que facer é ir a polos partidos, con determinación, e gañalos. Porque non somos menos que ninguén.